Ir a receita en castelán Imos a completar a menú dos piquillos e o bacallau con unha sobremesa. Xa hai unhas fresas moi fermosas no mercado e posiblemente esta é a primeira de algunha outra sobremesa máis con fresas. As cantidades que se sinalan de seguido son para 4-6 persoas. Esta unha receita clásica, máis o voso éxito vai a estar na orixinalidade da presentación. 250 grs de fresas 250 grs de requeixo 1/2 bote pequeno de leite condensada 3 ovos 3 culleradas de azucre 1 limón Lavamos e partimos en anacos as fresas. Maceramos co azucre, como mínimo un par de horas (ei deixeinas da noite anterior). Mesturamos o requeixo cas xemas dos ovos, a leite condensada, a codia do limón relada e o zume do limón. A continuación incorporamos as claras montadas a punto de neve. Repartimos a mestura en moldes, enchidos ata a metade e deixámolos na neveira ata que a mousse estea callada. A maceración das fresas xunto co zume obtido da maceración, pasámolo polo batedor ata obter u
Aprendemos xuntos.