Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2011

Ensalada de arroz

Como estamos no tempo outra ensalada. Ben o do tempo para os que queirades calor, non é moi alá. Estou feliz con esta temperatura, paréceme ideal. Imos a deixar o tempo que non é do que se trata nesta entrada. Para esta ensalada atracaremos a despensa e levaremos estes ingredientes: 200 grs de arroz basmati (usade o que máis vos guste) 1/2 pemento vermello 1/2 pemento verde 1/2 cebola pequena 2 ovos 2 salchichas frankfurt Olivas negras o gusto Zume de limón Aceite e sal Cocemos o arroz en abundante auga, pasamos pola auga fría e deixamos escorregar. Facemos unha tortilla francesa, deixamos arrefriar e cortamos a cadrados. Picamos os pementos, a cebola e as salchichas en anacos pequenos. Nun bol mesturamos todos os ingredientes, salgamos e aliñamos co zume de limón e aceite de oliva. Sinxela, rápida e refrescante. Veña a por ela.

Tronco de pataca, queixo parmesano e touciño

Imos con outra receita sinxela e agradecida. Dado o tempo no que estamos, serve perfectamente para tomar fría ou do tempo. En realidade e unha tortilla de patacas pero presentada de outro xeito. Procuraremos: 4 ou 5 patacas medianas 3 ovos 50 grs de queixo parmesano relado 100 grs de touciño Ceboliño (opcional) Sal e pementa Cocemos as patacas, deixamos arrefriar e chafamos cun garfo para facer un puré de patacas. Relamos o queixo, picamos o touciño e o ceboliño. Batemos os ovos e engadimos o resto dos ingredientes. Poñemos a masa resultante en moldes apropiados ( se non fosen de silicona, untar con un pouco de manteiga). Facemos 20 minutos no forno a 200º. Deixamos repousar e servimos. Podemos acompañar con unha ensalada de brotes tenros, con unha maionesa ou un bo prebe de tomate. Que vos aproveite.  

Cestiños de ovos con touciño

Case poderíamos chamarlle "Ovos con touciño refeitos". Serve para un almorzo, para un primeiro dun xantar ou para unha cea. Para este sinxelo prato imos a precisar por comensal: 1 rebanda de pan de molde 1 tira de touciño 1 ovo (eu fíxeno con tres ovos de paspallás por comensal. Entre dúas follas de papel de forno, metemos a rebanda de pan e estirámola ca axuda dun rulo, ata conseguir que quede o máis fino posible. Cortamos con un molde cortapastas redondo. Introducimos o pan nos moldes para forno (se non son de silicona, untar con un pouco de manteiga). Poñemos o touciño sobre o molde, axudando a que chegue o fondo, e cascamos o ovo por riba. Poñemos os moldes no forno prequecido a 180º. Deixar facer ata que estea callado o voso gosto. Agregar sal Maldon e servir de seguido. Moi bos.  

Saquiños de queixo e froitos secos

Hoxe imos con unha pequena delicatessen que hai algún tempo me puxeron, e tiña gañas de facelos eu na casa. Neste prato o punto crítico está no tratamento de pasta filo, o resto e do máis sinxelo. pero queda moi aparente. Procuraremos para a receita o seguinte: Follas de masa filo 125 grs dun queixo azul 125 grs dun queixo crema Abelás ou améndoas picadas O primeiro que temos que facer é unha pasta na que se mesturen e queden ben integrados os dous queixos. A proporción dos mesmos vai o voso gusto. Eu inclínome por máis crema. Trituramos o froito seco escollido de forma groseira, de xeito que se note o anaco e engadimos a pasta de queixo. Integramos ben. Imos a sacar do paquete da masa filo, soamente as follas que usaremos, o resto volvemos a gardalas, pois do contrario secaríanse. Cortamos as follas polo medio e cada unha das metades novamente polo medio (quedaran uns cadrados de entre 12 ou 14 cms de lado). Para cada saquiño usaremos dos cadrados, collemos o primeiro e

Montadiño de puré de pataca e tomate con xoubas

Imos a seguir con pratos fríos que é o que nos ven pedindo o corpo, dadas as temperaturas que estamos a ter. Hoxe vamos a facer unha combinación de ensalada con puré de patacas. Para comenzar o noso traballo imos a necesitar do seguinte, para 4 persoas: 3 patacas 4 tomates vermellos medianos 4 ovos de paspallás 1 cebola morada 1 lata de xoubas en aceite Sal Lavamos as patacas e cocemos en abundante auga. Refrescámolas e deixamos arrefriar. Escorregamos as xoubas e gardamos un pouco do aceite que traen. Pelamos as patacas e chafámolas cun garfo, sazonamos e engadimos un pouco do aceite das sardiñas. Remexemos e rectificamos de sal. Cocemos os ovos uns 5 minutos. Pelamos e reservamos. Lavamos e cortamos os tomates en rodelas, usando para este prato as da parte central. Ca axuda dun molde, poñemos de base unha rodela de tomate, a continuación unha capa de puré, rodela de tomate, capa de puré e rematamos con rodela de tomate. Para rematar o montadiño, poremos sobre a última rodela de tom