Ir al contenido principal

Crema de mazá e xamón

Ir a receita en castelán

Que tal amigos blogueiros e público en xeral, aquí estamos xa plantados no mes de marzo, cando aínda estamos a dixerir o último mazapán. Filosofía barata sobre o paso do tempo.
Diredes e este tonto que está a falar do tempo, se fixera uns ovos con patacas gañaría máis, e teriades razón. Pero xa vedes hoxe deume por esta teima.
Falemos do que nos ocupa: a nosa cociña. Vouvos a falar dunha crema cunha mestura moi especial: a froita e o xamón.
Para esta mestura precisaremos (as cantidades dan para 6 pax):
1 bolsa de puré de patacas Maggi
1 bote de leite evaporada Ideal
4 mazás Golden
1 bo codillo de xamón
1 litro de caldo de verduras
6 lonchas de xamón curado
25 grs de manteiga
Sal e pementa

Cas lonchas de xamón faremos uns crocantes podemos facer de dou xeitos:
1º no forno convencional a 150º uns 20 minutos, ou
2º no microondas entre un minuto e medio ou dous a toda potencia.

Pelamos as mazás, descorazonamos, cortamos en gallos e refogamos na manteiga (procurade que as mazás sexan ben saborosas).
Engadir o litro de caldo, os osos de xamón, pementa e sal (ollo ca sal do xamón). Cocer a lume brando uns 30 minutos.
Pasado o tempo retiramos os osos de xamón e trituramos as mazás ata quedar todo nunha crema fina.
Engadimos a leite evaporada e os copos do puré. Remexemos para que todo se integre ben e quede fina.
Servir cun crocante de xamón ou ben con el esparexido pola crema a modo de picatostes.
Notaredes un primeiro sabor o doce da mazá, para inmediatamente notar toda a intensidade do xamón.
Non vos arrepentiredes de probalo.