Ir al contenido principal

Mexillóns á panadeira e empanadillas de mexillóns

Ir a la receita en castelán

Hoxe de rebaixas, dous por un. Cos mesmos ingredientes facemos dúas preparacións.
Non vou a destacar aquí as virtudes do mexillón, de todos coñecidas o versátil que é na nosa cociña e un resultado final, que sempre nos deixa quedar ben.
Consello de sobra coñecido pero que convén recordar sempre: mexillón roto ou que non abra desfacerse deles.

2 quilos de mexillóns
3 cebolas
1 porro
1 pemento roxo
1 pemento verde
1 cullerada de pemento moido agridoce
2 dentes de allo
3 tomates
pan relado

50 grs de touciño
Sal e aceite

Limpamos ben os mexillóns e quitámoslle as barbas. Poñémolos nunha cazola axeitada sen nada, que se fagan co seu proio líquido. Retiramos unha vez abertos e reservamos caldo da cocción moi ben coado.
Fileteamos os dentes de allo e picamos ben as cebolas, o porro e os pementos. Sofritimos ben o conxunto e engadimos o touciño picado en anacos pequenos. Cando comenza a tomar cor, engadimos o pemento moido e mesturamos. Incorporamos os tomates relados e deixamos facer ata que perda o exceso de auga. Engadimos un pouco do caldo reservado e deixamos facer uns 8 ou 10 minutos a lume brando.
Dos mexillóns reservados, retiramos unha das valvas e deixamos a outra co mexillón que cubriremos co sofrito feito. Vanse colocando nunha bandexa de forno e cóbrense co pan relado. Gratínanse no forno ata que estean dourados.
E como hoxe estamos que o tiramos, se reservamos un pouco do sofrito e uns mexillóns cocidos (que picaremos e mesturaremos co sofrito), facemos unhas estupendas empanadillas. De este xeito pasamos de ter unha tapa a ter un primeiro prato cheo de sabor.
Unha última nota moi importante, que na medida do posible o mexillón sexa galego, é a metade do éxito do prato.