Ir al contenido principal

A seitura (O ciclo do pan)

Esta entrada é a primeira de catro que forman "O ciclo do pan" que pretendo completar e que forma parte das Festas Etnográficas da Vila de Allariz, na que se recrean as diversas fases do pan.
Pois ben, onte 21 de xullo, os veciños de Queiroás da Igrexa fixeron o primeiro acto (manual), para que o pan poida chegar as nosas mesas: a seitura.
Esta práctica queda case que desaparecida a finais dos 60 e comenzos dos 70, ca aparición das primeiras máquinas segadoras.
Neste caso os veciños por razón de vecindade, proceden a sega do trigo.
Segundo lin nun refrán a seitura ven a ser un día soleado contra o Santiago.
"Polo San Xoán sécalle unha raíz ó pan, polo San Pedro sécalle a do medio e polo Santiago fouciños ó agro".
Pois así pasou a mañá, as 10,30 comenzaron os segadores e segadora en ringleira, e detrás os atadores. Contra as 12 e xa rematada a faena, compartiron un almorzo colectivo.
Falando con algún home dos que alí estaban, que xa fora a segar a Castela con 10 anos, e escoitando o que me contaba, Rosalía de Castro quedouse corta, na súa poesía, nas apreciacións dos casteláns, pero isto e tempo pasado, máis non por iso hai que esquecelo.
Para a semana teremos a malla, pero iso xa volo contarei.