Ir al contenido principal

Auria Vinum

Onte o longo do día desenrolouse en Ourense Auria Vinum, o túnel dos viños.
A actividade centrouse nunha exposición dos viños de D.O. en Galicia, tendo a oportunidade de velas toas elas xuntas e coma incentivo a opción de catalos todos e cada un deles.
Dentro de este acontecemento celebrouse un taller de Maridaxe con viños ourensáns, no que actuou de mestre de cerimonia Javier González de A Rexidora do Grupo Nove, de todos coñecido.
Acompañouno nesta labor David Barco, presidente da Asociación Galega de Sumillers, que completou cas súas explicacións dos viños escollidos ese maridaxe.
Quero resaltar nesta entrada o reivindicación que fixo Javier González en defensa da compra no mercado tradicional e da utilización na nosa cociña de productos naturais e de tempada.
Un que leva visto algúns mercados polo resto de España, sinte un pouco de pena cando vai o de Ourense e ver na decadencia que está caendo.
Súmome a súa reivindicación e tendo que en conta que no acto se atopaba a Concelleira de Cultura (a cociña tamén é cultura), que aproveite para trasladarlle a quen corresponda o tema.
Para que se bos fagan os dentes longos:

- Sopa de tomate para beber, queixo de San Simón da Costa da Queixería Casleiras con langostinos ó godello da D.O. Valdeorras. Maridaxe con Alan de Val Pedrazais, Godello fermentado en barrica 2010 da DO Valdeorras.
- Roliño de pan artesán, crema de queixo Arzúa-Ulloa, cachola e nabizas con redución de Mencía D.O Ribeira Sacra. Maridaxe con Baluce 2010 da Adega Vella, mencía con barrica de 6 meses da D.O. Ribeira Sacra.
- Xarrete de tenreira ecolóxica o tinto de Monterrei con xelea de viño. Maridaxe con Castro de Lobarzán Tinto 2010 da D.O. Monterrei.
- Froitada de tempada, xelatina de tostado D.O. Ribeiro e escuma de tinto Ribeiro. Maridaxe con Tostado Costeira 2008 da D.O. Ribeiro.

E todo isto as 11,30 da mañá, espectacular.