Ir al contenido principal

Follados de xamón e queixo

Ir a receita en castelán

Imos con un primeiro rápido, sinxelo e si hai nenos na casa moi apetitoso para eles.
Trátase de algo moi común, pero non por elo menos saboroso e que tanto serven para un primeiro, como indico máis arriba ou para unha merenda, unha cea rápida, etc.

Pare elo necesitaremos:
1 masa follada
Xamón cocido
Xamón de pavo
Queixo
1 ovo

Estiramos a masa follada e cortamos en porcións do tamaño que nos interese, eu fixen coma se foran empanadillas.
Picamos o xamón de pavo e o cocido.
Por riba de cada porción de masa, botamos un pouco de xamón cocido, queixo por riba e xamón de pavo.
Pechamos a masa, pintamos con ovo batido e forno prequecido a 200º entre 15 ou 20 minutos.
Non os deixedes arrefriar para que non se perda a untuosidade do queixo.