Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2012

I Festival Interrexional de O Barbaña

O pasado mércores día 29, tivo lugar na Praza de San Marcial de Ourense, o I FIB (Festival Interrexional de O Barbaña). Nunha noite moi agradable e nun ambiente distendido e totalmente entregado os artistas, e tamén degustando uns exquisitos petiscos ecolóxicos, foron desfilando polo magno escenario nove grupos, que facendo un alto na súa apertada axenda de xiras estivais, deleitáronnos, cada un de eles, con unha canción dos seus amplos repertorios. Ante a calidade vista e as letras das cancións, non me cabe a máis mínima dúbida que de entre elas sairá a canción do verao 2012. Dicir que o grupo gañador pola votación popular foron "A cona armada" (con perdón). Nada máis que desexarlle o FIB unha longa vida. 

Revolto de champiñóns e gambas

Ir a receita en castelán Que tal, como lo imos levando, rematou o tempo de lecer e arranca de novo a rutina diaria. Levalo con alegría pois xa falta menos para o do ano que ven (se a autoridade competente no lo permite). Como viredes cansos algo sinxelo para unha cea ou de primeiro do xantar. Como xa case é costume non vou a dar cantidades, a proporción vai o voso gusto. Pois ben necesitaremos o seguinte: Ovos Champiñóns Gambas Allo Pirixel Aceite Sal e pementa Pois ben sinxelo, limpamos os champiñóns, cortámolos en láminas e salteámolos xunto co allo e o pirixel ben picados. Pelamos as gambas. Batemos os ovos, salpimentamos, engadimos os champiñóns e as gambas e o lume (que non estea moi forte). Imos remexendo para que calle o ovo, pero deixando que quede meloso. Tedes a opción de incorporar un pouco de queixo fresco que se derreta xunto co ovo. Non deixar que se arrefríe, sería unha pena.  

Vento do sul

Estes días atrás, o ir a mercar o libro de Rocío Garrido de La Cocina de mi Abuelo , "Cociñando coas razas autóctonas", levei unha agradable sorpresa o ver que na Livraría Torga houbo algúns cambios. No local no que desenrolaba a súa actividade a Livraría,  houbo un proceso de fusión. Baixo o nome xenérico de Vento do Sul, ábrese un novo proxecto no que no espazo xa existente e que se inclúe a propia Livraría Torga, agrégase o Comercio Xusto de Solidaridade Internacional Galicia, Boabab ecocrianza, Difusora Letras, Artes e Ciencias e Catapiro Xogos-Tradicionais. Dentro deste espazo no que cada un está identificado con unha cor distinta, existe unha pequena sala de lectura e pódese desfrutar da degustación dos produtos do Comercio Xusto. Longa vida o proxecto.  

Crema de cabaciña

Ir a receita en castelán É sábado pola mañá e de momento luce o sol. Vou a poñer nesta entrada unha receita de unha crema, que se pode servir tibia, e que sería un primeiro para o domingo estupendo por dúas razóns: que é moi saboroso e que se pode deixar feito con antelación para que non nos enrede o domingo. Importante tamén é unha maneira de que os máis cativos da casa coman verduras. Para 4 persoas (aprox) imos a necesitar: 1 kg de cabaciña 2 porros 1/2 cebola 2 patacas medianas 1litro ou 1 1/2 de caldo de verduras Aceite, sal e pementa Cortamos os porros e a cebola en anacos e deixamos facer, a lume brando, nunha cazola con aceite ata que estean brandos pero sen tomar cor. Mentres pelamos a cabaciña e cortamos en dados, o mesmo cas patacas. Cando os porros e a cebola estean, engadimos as patacas e a cabaciña. Salpimentamos e refogamos o conxunto uns minutos removendo. Cubrimos co caldo de verduras e deixamos facer uns 25 minutos aproximadamente. Na mesma cazol

Repolo con refrito e queixo do país

Ir a receita en castelán Que si, que aínda que sexa verán tamén se pode comer repolo. Neste caso vainos a dar un primeiro prato sinxelo pero de contundencia. Para a preparación deste prato sérvenos calquera queixo fresco que temos por esta nosa Galiza. Con queixos de fora de Galiza, non lle iría mal unha Torta del Casar, un queso tenro de Mahón ou Manchego. Para levalo a cabo precisaremos: 1/2 repolo 1 lasca grosa de touciño Queixo do país 2 dentes de allo Pementón agridoce de La Vera Aceite e sal. Quitamos as follas exteriores do repolo, cortamos en xuliana e lavamos ben. Procedemos a cocelo en auga con sal ata que estea o dente, non convén que se pase. Mentres se coce laminamos os dentes de allo e cortamos en tiras o touciño. Unha vez cocido escoamos ben a auga. Nunha tixola poñemos aceite a quecer e facemos os allos sen que se queimen e o touciño. Xa fora do lume incorporamos o pementón, remexemos e volvemos a levar o lume botándolle a mestura o repolo a esco

O lar dos cregos

Esta entrada en lugar de ir no grupo de "Sitios onde comín", debería de ir noutro novo que puxera sitios onde non comín. O pasado mércores, festivo, decidimos acercarnos a Sta. Baia con fin de xantar en O lar dos cregos. Chegamos o sitio sobre as 14,20 e xusto diante nosa unha mesa de catro e outra de dez, nos éramos tres. Cando lle digo que somos tres a xantar "en un segúndiño", claro preguntamos de canto era o "segundiño", de 15 minutos máximo. Decidimos quedarnos e non buscar outro sitio. As 14,50 (xa pasaran 30 minutos) que no comedor non ía a haber mesa (entendo que cando aceptaron a de catro e a de dez xa sabían nese momento que non nos ían a poder a atender. A que veu mentir?) e que si queríamos que nos montaban unha na "terraza". Terraza por chamarlle algo, pero dada a hora, era case perfecta. Como atendendo o comedor había soamente unha persoa, que por certo esforzábase en facer o imposible, a espera foise prolongando. Pola fiestra v

Lombos de xulrelos (chinchos) en escabeche

Ir a receita en castelán Que tal se probamos un pouco de peixe en escabeche? Pois ben, vou a facer un escabeche moi suave, que cada quen xogue co vinagre o seu gusto. Unha boa proporción é de 3 a 1. Entón imos a precisar: Xureliños 1 cebola 3 dentes de allo 1 cenoria 2 follas de loureiro 1 cullerada de pementón Aceite Vinagre Fariña e sal Limpamos ben os xurelos, salgamos e pasamos pola fariña. Fritimos no aceite e reservamos. No mesmo aceite engadimos o allo, a cebola e as cenorias, deixamos facer ata que a cebola estea branda, sen que chegue a queimarse. Retiramos do lume e engadimos o pementón (como xa sabedes eu uso do agridoce de La Vera), damos unhas voltas e incorporamos o vinagre na cantidade que vos guste. Neste punto quero facer unha advertencia, ollo co vinagre e o aceite quente, se non queredes facer un volcán na vosa cociña, facédeo fora do lume. Volvemos a levar o lume e remexemos uns minutos para que se mesturen todos os elementos. Poñemos os xur

Zancos de polo o forno con prebe de herbas e olivas

Ir a receita en castelán Bos días a tod@s no que din que vai a ser o máis quente do verán. Que cada quen o aguante coma poida. Respecto o que nos ocupa imos a pelexar hoxe ca carne de polo, que aparte do que nos aporta, tamén é a que está máis o alcance, vendo os tempos que están a correr. Pois ben necesitaremos o seguinte: 4 zancos de polo 4 contrazancos de polo 11/2 cebolas 2 cenorias 4 culleradas de olivas verdes 2 culleradas de olivas negras 1 dente de allo 1 tomate Tomiño Perexil Aceite, pementa e sal Pelar e picar as cebolas o allo e o tomate. Pelar as cenorias e cortalas en rodelas. Refogar a cebola en aceite uns 10 minutos e a continuación incorporar o allo e a cenoria, remexer e deixar facer uns 4 minutos. Pasado o tempo agregar as olivas o perexil picado e un vaso de auga. Deixar cocer tapado e a lume brando uns 20 minutos. Mentres lavamos e secamos o polo, poñémolo nunha fonte de forno, salpimentámolo, botámoslle por riba o tomiño e regámolo con ace

Festa do pulpo de O Carballiño

Onte 7 de agosto e como preludio o día grande, fixeron o terceiro récord do prato de polbo máis grande. Catro caldeiros estaban o lume e as 8 do serán as polbeiras comenzaron a encher o xigantesco prato con unha mestría impresionante. Despois de rematar de preparalo e sobre todo de que as "autoridades" beberan e o cataran de xeito cómodo, o resto dos mortais e de forma un pouco máis incomoda tivemos acceso a probalo. Con un pouco de empeño da organización todos contentos. A marxe disto que viva a Festa do Pulpo.

A moenda (O ciclo do pan)

O pasado venres celebrouse o terceiro acto do ciclo do pan, A moenda. Non podo deixar de mostrar un pouco de desilusión, despois de asistir a seitura e a malla. Explícome, así coma os dous anteriores actos foron moi visuais e moi físicos, vendo na práctica o traballo real, nesta ocasión o que vimos foi un muíño e ouvimos unha explicación. Penso que faltou que se vira de xeito práctico o acto da moenda. E como se na seitura nos ensinaran unha fouce e na malla a malla e nos explicaran como funcionaban. A explicación foi máis que correcta por parte do muiñeiro de como era o proceso e os pasos que seguía o grao dende que chegaba ata que saia a fariña. O final do acto houbo invitación de licor e bica para os asistentes. Como xa sabedes non me foi posible asistir o día seguinte a fornada.

Festa do Pulpo en O Carballiño

Neste próximo fin de semana celebrarase a Festa do Pulpo na vila ourensana de O Carballiño. Non é ningunha broma, vai pola 50 edición. Unha celebración totalmente consolidada e que traspasa fronteiras. Entre as actividades de esta semana precedente, vou a destacar o martes a tapa do polbo, unha tapa xigantesca que o precio da compra de un prato (3€) serviranche o polbo nel. O mércores taller de cociña con polbo, impartido por Taky do Grupo Nove e o xoves por Flavio Morganti. Pode ser moi interesante. A vila de O Carballiño espéravos e recibirá a todo o mundo ca amabilidade habitual nesta vila. 

Crema de tomate e iogur

Ir a receita en castelán Bos días de domingo, que tal se hoxe de primeiro poñemos unha crema, servida a temperatura ambiente, de tomate. Pois se nos metemos con ela necesitaremos: 800 grs de tomates 1 porro 1 pataca 1 iogur grego Aceite Sal Pementa Alfábega Picamos o porro e cortamos as patacas e os tomates en anacos. Nun pouco de aceite pochamos os porros. Así que comencen a estar brandos, engadimos as patacas e sofritimos uns 5 minutos o conxunto. Engadimos os tomates e remexemos o conxunto uns 5 minutos. Salpimentamos incorporamos a auga necesaria (ata cubrir) e deixamos facer entre 2 e 25 minutos. Retiramos do lume e pasamos polo batedor ata obter unha crema fina. Deixamos arrefriar e podémola presentar na mesa ben e chupitos ou en prato, engádese unha cullerada de iogur, alfábega picada e unhas gotas de aceite de oliva. Fácil de execución e de bonita presentación.

Ensalada de pasta e hortalizas

Ir a receita en castelán Seguindo na liña da estación na que estamos, imos con outra proposta fresca para a nosa mesa. Esta é unha ensalada con hortalizas e queixo. Sabido é de tod@s, pero nunca está de máis recordalo; imos a usar hortalizas crúas, temos que lavalas moi ben. Pois aproximadamente para 4 pax usaremos: 320 grs de espirais de cores 100 grs de tomates cereixa 1/2 pepino 1/2 pemento roxo 1/2 ceboleta 1/2 cenoria 100 grs de queixo (o que vos guste) Aceite, vinagre, sal e pementa Cocemos a pasta segundo indicacións do fabricante, deixándoa o dente, arrefriar baixo auga, escoar e reservar incorporando un pouco de aceite para que non se pegue. Cortar todas as hortalizas en cubos pequenos. Partir os tomates a metade ou en cuartos e o queixo en dados. Mesturamos a pasta con todas as hortalizas e o queixo. Salpimentamos e aliñamos con aceite e vinagre o  noso gusto. Remexer ben co fin de que se mesturen todos os elementos. Servir a temperatura ambiente. M