Ir al contenido principal

Coello con fabas brancas

Ir a receita en castelán

Como me di Conchi de Cocinando setas, que che di o teu amigo no INM. Pois dime que por fin lle estamos a ver a cara o outono e con elo que empezan a apetecer uns pratos algo máis contundentes.
Pois para ir facendo algo de boca e ir dándolle un pouco de preparación o noso estómago, arrancamos con un prato suave pero xa con legumes.
Para elo precisaremos para 2 persoas:

1/2 coello
150 grs de fabas brancas
1 porro
1 cenoria
1 cebola
1 tomate
1 folla de loureiro
Pementón agridoce de La Vera
Sal e pementa

Se ides a usar fabas xa preparadas saltade este paso, si non deixar as fabas de remollo do día anterior e poñer a cocer con sal, loureiro e cubertas de auga uns 50 minutos. Para a cocción das fabas aconsello non remexelas con nada, se non movelas co movemento da cazola onde se están a facer.
Cortamos en anacos o coello, salpimentamos e douramos en aceite. Reservamos.
Picamos as verduras e pochamos nun pouco aceite de dourar o coello.
No momento que as verduras están no seu punto, engadimos o coello reservado e o pementón, tendo coidado que este non se nos queime.
Cando as fabas estean no seu punto de cocción incorporamos o coello cas verduras e deixamos uns minutos para a mestura dos sabores.
Servir quente con un pouco de pirixel por riba. Realmente delicioso.