Ir al contenido principal

Cubos de cabaciña con carne e queixo do pais

Ir a receita en castelán

Da última entrada que fixen, a do Pastel de carne, sobrou unha pouca de carne. Vendo a neveira observei unha cabaciña que pedía a gritos saír de ela, escoitei a súa súplica e pasou polo lume.

Para esta receita precisaremos:

Cabaciña
Sobras de carne preparada
Queixo do país
Sal e pementa

Por si alguén prepara a carne a pe feito para esta receita, remítoa o Pastel de carne e patacas
Lavamos a cabaciña, despuntamos e cortamos en porcións de cubo. Con un acanalador fanse as liñas na pel da cabaciña e con unha culleriña francesa imos baleirando os cubos con moito coidado cas paredes e co fondo, para que non rompan. Reservamos o que retiramos que saltearemos ca carne picada.
Poñemos auga a ferver e cando rompa incorporamos os cubos da cabaciña, que escaldaremos uns minutos. Ten que quedar con certa consistencia.
Temos preparado un bol con auga e xeo na que introduciremos os cubos o sacalos da auga fervendo, co fin de parar a cocción e que conserve a intensidade da cor verde.
Poñemos a escoar. Unha vez listos salpimentamos os cubos por dentro, enchemos ca carne e cubrimos con queixo.
O forno para fundir o queixo e a mesa que non arrefríe.
O recheo pode ser do que se vos ocorra: gambas picadas salteadas con porro e a carne da cabaciña e aromatizadas con curry, polo con queixo, gulas con ovo de paspallás, etc.