Ir al contenido principal

Lentellas con champiñóns e xamón

Ir a receita en castelán

Hoxe seguindo co tema das legumes, imos a preparar unhas lentellas. A pesar de ser repetitivo, o corpo vai pedindo a berros este tipo de pratos, e un que é condescendente non dubida en darlle gusto.
Unha precisión eu fíxenas con champiñóns, pero os máis avezados no tema das setas, seguro que encontrades outras que lle vaian que nin pintadas.
Pois para poñernos maos a obra imos a precisar:


300 Gr de lentellas
150 Gr de champiñóns
1 cebola
1 cenoria
1 porro
1 lonxa groxa de xamón
1 litro de caldo de verduras
Aceite de oliva e sal


Picamos a cebola, a cenoria e o porro. Refogamos as verduras nun pouco aceite uns 15 minutos a lume brando.
Incorporamos o xamón cortado en dados e damos unhas voltas cas verduras para seguidamente engadir as lentellas. 

Cubrimos co caldo de verduras e deixamos cocer ata que estean tenras. As lentellas aínda que no paquete poña que non necesitan deixalas de auga, eu déixoas igual de remollo. Aforras tempo e enerxía na súa cocción.
Limpamos os champiñóns e cortámolos en anacos, para saltealos n
unha tixola cun pouco de aceite. Salgamos e

reservamos.
Uns minutos antes de terminar a cocción dás lentellas, engadimos os champiñóns  salteados a o conxunto. Vemos o punto de sal.
Coma todo este tipo de pratos, gañará en intensidade se lle damos o oportuno repouso.