Ir al contenido principal

Bacallau o forno o estilo "Lagareiro"

Ir a receita en castelán

Nas miñas viaxes o noso país veciño e irmán, Portugal, nunca tivera a ocasión de ver esta preparación do bacallau, por iso o día que Rubén Amorín, do blog Ni mata ni engorda máis que recomendable visitar, publicou a foto enseguida lle dixen que quería a receita, xa que había que catalo. Como nota curiosa, dicir que os lagareiros eran os que traballaban en elaborar, en Portugal, o aceite de oliva nos lagares.
Pois dito e feito despois de que Rubén a publicase, púxenme maos a obra, e precisei para dúas persoas:

2 postas de bacallau desalgado
1/2 kilo de patacas pequenas
1 cebola mediana
2 dentes de allo
Olivas negras
Fariña
Aceite, sal e pementa.

Pois poñémonos mans a obra para preparar este sinxelo, pero apetitoso prato de bacallau.
O primeiro de facemos é lavar ben as patacas, pois van a ir con pel, e poñer nunha bandexa que poida ir o forno. Co forno prequecido a 180º metemos a fonte cas patacas, o tempo de asado vai a variar segundo cada forno polo tanto o que teñades por costume. Tede en conta que como toque final do prato, van a levar 10 minutos máis de forno.
Mentres se fan as patacas, pelamos e cortamos en rodelas, non moi finas, os dentes de allo. Pasamos as postas de bacallau por fariña, sacudindo o exceso da mesma e pelamos e cortamos en xuliana a cebola.
Nunha tixola con aceite deixamos que se douren os allos fileteados, momento ese no que procederemos a retiralos e reservamos.
Poñemos a forza do lume a moderado e fritimos o bacallau. Ímolo a fritir uns 5 minutos, co cal faremos uns 2 minutos aprox. por cada lado. Para non andar a darlle moitas voltas e que se nos desfaga, colocámolo primeiramente ca pel cara arriba na tixola, para que o darlle a volta nos quede ca pel na parte de abaixo e podamos pasalo a fonte do forno sen máis voltas.
Unha vez frito o bacallau, e nese mesmo aceite, pochamos a cebola ata que estea branda.
Como as patacas xa estarán case no seu punto, sacarémolas con coidado de non queimarnos e cun golpe seco abrirémolas. Ollo digo abriremos non esmagaremos.
Colocaremos as patacas, salpimentadas, o redor do bacallau, salpicamos unhas olivas negras, os allos reservados e a cebola pochada por riba do bacallau. Regamos cun pouco de aceite, que terá a mestura de todos os sabores, por riba do bacallau e das patacas, e dámoslle un golpe de forno a 180º de uns 10 minutos.
Grazas a Rubén por traernos esta saborosa receita.