Ir al contenido principal

II Xuntanza de Bloggers Galegos

Ir a entrada en castelán

O pasado sábado 10 de novembro, coma xa tedes moi boas e sobradas novas, xuntámonos na cidade da A Coruña, e xa por segundo ano consecutivo, un grupo de bloggers galegos que pretendemos que estas xuntanzas teñan duración no tempo. Dicir que a Xuntanza deste ano foi organizada por Juan Carlos Alonso de Gastronomía en verso e Laura Eiriz de La Cocina de Mezquita. Que a organización exquisita e listón moi alto para a próxima cidade en organizar: tocounos a Ourense.
Este tipo de encontros parécenme, dende todo punto de vista, moi enriquecedores. Por unha banda ves persoas que xa coñecías, o cal é unha alegría, e por outra desvirtualizas (palabra moi de moda ultimamente) a outras cuxo único coñecemento é o seu blog ou as súas andanzas por outras redes.
Entre estes últimos podo citar a Elena Zulueta de Cuatro especias de coñecementos gastronómicos impresionantes, a Tito de Complicaciones las justas sorpresa verlle ese aspecto de seriedade que contrasta cos textos que se lle poden ler, que dicir de Josinho de Cocina&Kuchina que xunto con Marta de Dolce far niente dúas excelentes persoas pegadas a un sorriso permanente e a Isabel de La cocina de Fabrisa tiña gañas de coñecela, pois de todas as persoas que non coñecía era, ata o momento, a quen máis seguía xunto co blog de Chus Siguiendo a Nenalinda que case con toda seguridade, creo que foi a primeira visita que tiven cando comencei e de quen recibín as primeiras palabras sobre o que empezaba a facer.
O resto de participantes, coma xa dixen todos coñecidos, Berta de El sabor de lo dulce, amiga coñecida dos blogueiros galegos, referente neste tema e da que non vos vou a contar nada que non sabedes xa. Victor de O Bandullo, home de agradable conversa e de gran retranca do que aparte das súas, coñecidas habilidades culinarias, sempre estamos a esperar as reportaxes dos eventos. Bego de Violetas en mi cocina, tívena fronte miña na cea da primeira xuntanza e é desas persoas das que te enganchas aínda que fixeras esforzos no contrario, sempre é unha ledicia vela. Loly de O Garfelo, cando a coñecín en Ourense na xornada de Reboreda, a miña primeira impresión no me enganou e sabía que estaba ante unha excelente persoa. Na seguinte relación nomeo a persoas que, aunque, si coñezo, por circunstancias, non tiven máis continuidade con elas, pero non por iso ocupan un lugar menos preferente no meu culinario corazón. Majes de Asómate a mi cocina, Marimi, de Ourense coma min, de Sabores&Olores, Mª José de Laurel y canela, excelente compaña de mesa y mantel para facer moito máis agradable o xantar. Mercedes de Aprendiz de chef, se por unha banda tiña a Mª Jose, de fronte tiña a Mercedes, xa me contaredes o luxo.
Deixo para o final a Juan Carlos de Gastronomía en verso, Laura de La cocina de Mezquita y Conchi de Cocinando setas pois, sen menoscabo do resto, manteño con eles unha relación máis estreita. Persoas cas que compartín, non unicamente mesa e mantel, compartín unha parte sen a que non habería mesa e mantel; compartín fogóns e cazolas.
Saúdos para tod@s os acompañantes d@s arriba nomead@s, o mesmo cariño para tod@s.
A cidade de A Coruña non sigue tan fermosa coma sempre, máis, cada vez que a visitas sempre te sorprende con algo máis. O lugar escollido para o xantar, fixo que esta cidade se mostrase en todo o seu esplendor, pero posta os nosos pes, penso que foi o total acerto.
Iste lugar escollido  foi o restaurante Mirador de San Pedro. Como dixen unhas vistas da cidade impresionantes e onde a baía de A Coruña se mostra en todo o seu esplendor, ca Torre de Hércules coma vixía eterna da cidade.
Como nota deste restaurante dicir que servizo impecable e un menú que fixo as delicias de todos nos. Non vos relato o degustado neste xantar, pois na montaxe das fotografías vense. Pola miña parte nin un solo pero.
Pois despois de un agradable xantar e de un aínda máis que agradable sobremesa, faltaba un broche final; este era a canción que Juan Carlos lle dedicou a cidade de A Coruña. Insuperable.
En fin os de Ourense recollemos a testemuña que nos encomendaron e trataremos de organizar a do ano próximo.
Animo a que moita máis xente se nos sume para a próxima.
Un agarimos abrazo e un enorme bico para tod@s, ata a próxima en Ourense.