Ir al contenido principal

Milfollas de cabaciña con solombo de porco

Ir a receita en castelán

Como xa vos contara nestes días atrás, asistín as Xornadas de Gastronomía do C.C. Ponte Vella de Ourense e do que alí vin, procurarei ilo plasmando en entradas neste blog.
O lema das xornadas era o de aproveitar eses restos de comida que van quedando na neveira e pasan dun estante a outro sen facerlle moito caso.
Esta proposta de hoxe, foi feita por Javier Rodríguez "Taky" do Grupo Nove.
Soamente vou a dar ingredientes pois as medidas son moi fáciles de ver segundo os comensais que vaian a sentarse a mesa.
Entón necesitaremos:

Cabaciña
Solombo de porco
Tomates secos en aceite
Alfábega
Aceite
Sal e pementa

Eu usei solombo que era o que tiña máis a mao, pero unha carne o forno que sobrara, un rosbif que sobrou son perfectamente válidos.
Sacamos os tomates do aceite e picamos (se os mercades secos tal cal, é conveniente rehidratalos unhas horas en aceite), picamos tamén unha pouca alfábega que mesturamos cos tomates. Botamos aceite e pementa, e deixamos macerar uns minutos.
Mentres ca axuda de unha mandolina ou a mao se tedes bo pulso, facemos unhas lonchas de cabaciña que marcaremos nunha prancha, con sal e pementa, e que poremos a macerar cos tomates e a alfábega.
Cortamos a carne que usemos en lonchas e faremos o milfollas comenzando con cabaciña, carne, cabaciña, carne e cabaciña. Aderezamos co aceite e os pementos ca alfábega e uns froitos secos groseiramente picados.
Podemos poñer unha guarnición de follas variadas aliñadas igualmente co aceite dos tomates.
Podémolo servir a temperatura ambiente ou darlle un lixeiro golpe de calor no forno.
Rápido e rico.