Ir al contenido principal

Níscaros con patacas a importancia

Ir a receita en castelán

O outro día cando fun a Xuntanza de Bloggers en A Coruña descubrín que teño o don da ubicuidade, pois mentres asistía a mesma tamén estaba recollendo uns níscaros. Non pode ser posible, ten que ser obra de algún trasno bo que habita por A Coruña. Non ten outra explicación.
Xa posto cas mans a obra, pareceume unha boa idea combinalos con patacas e para tan prezada seta non podía ser de outro xeito: a importancia.
Como é, xa case, a miña costume non vou a dar cantidades pois de sobra sabedes as cantidades a por. Entón necesitaremos:

PARA AS PATACAS
Patacas
Cebola
Porro
Allo
Viño branco
Caldo de carne
Pementón de La Vera
Fariña
Ovos
Aceite e sal
PARA AS SETAS      
Níscaros
Cebola
Allo
Xamón
Aceite e sal

Empezamos a elaborar o prato polas patacas, e para elo pelamos e cortamos en rodelas de 1 cm. aprox.
Salgamos (ollo que leva caldo e as setas xamón) e rebozamos en fariña e ovo. Pasámolas por unha tixola con aceite quente ata que estean douradas (2 ó 3 minutos). Retiramos e reservamos.
Picamos a cebola, o porro (eu non boto tanta cebola e completo co porro) e o allo, e facemos un refrito.
Cando este está brando engadimos una culleriña de fariña (non queremos un engrudo), remexemos e engadimos o viño deixando que se evapore o alcohol. Unha vez evaporado engadimos pementón o gusto. Incorporamos as patacas reservadas e cubrimos co caldo de carne. Deixamos facer uns 20 ou 25 minutos a lume brando.
Mentres se fan as patacas picamos unha pouca máis cebola, un par de dentes de allo e deixamos pochar nunha cazola. Cando está no seu punto incorporamos o xamón picado e os níscaros (despois de ben limpos e aseados) en anacos que se noten, os máis pequenos enteiros. Facemos ata que a seta estea no seu punto.
Coma a estas alturas as patacas xa estarán a piques, xuntámoslle os níscaros e deixamos facer uns minutos todo o conxunto. Eu piquei un pouco de ceboliño (que teño nunha maceta), pero ben pode ser pirixel.
Moi importante a sal e que o xamón non lle coma o sabor a seta.
Esquecíame, levade a mesa un bo pan, xa que hai moito que mollar.