Ir al contenido principal

Codillo con cabaza

Ir a receita en castelán

Fai hoxe unha semana tiven a sorte de desvirtualizar a Vero Novoa de Apuntogastronómica e entre moitos temas de conversa saliu o tema da cociña alemana e entre moitas consideracións falamos do codillo. Pois ben, o aproveito como o de conexión para publicar esta receita que levaba tempo no caixón.
Para esta receita usei un codillo de unha casa comercial que o envasa nunha salmoira o estilo alemán.
Para un codillo de 1 kg aprox. use:

1 codillo
2 dentes de allo
3 tomates relados
2 culleradas de zume de limón
2 rodas de cabaza (non a pesei)
1 pemento verde
Aceite, sal e pementa

Despois de lavado e secado o codillo salpimentámolo e nunha cazola cun pouco de aceite procedemos a douralo por todos os lados. Cando estea dourado botamos os allos, procurando que non se queimen.
Cubrimos con auga e levamos a ebulición. Espumar o caldo
das impurezas que se formen na superficie. Engadir o tomate relado e o zume de limón.

Deixar cocer de 1 a 2 horas ou ata que a carne estea tenra. Eu tíveno sobre unha hora e media.
Retiramos do lume e poñemos o codillo a arrefriar. Colamos o caldo da cazola e deixamos arrefriar para que a graxa suba á superficie e podamos retirala.
Desosamos o codillo e volvemos a colocalo na cazola co caldo.
Engadimos a cabaza cortada en anacos un pouco grandes e o pemento verde cortado en aros. Facemos ata que a cabaza estea tenra. Este é o momento de rectificar de sal, pementa e zume de limón.
No último minuto podemos engadir un pouco de pirixel picado.