Ir al contenido principal

Tosta de marmelo de figos, queixo do país, chacina e Gotas de Abril

Ir a receita en castelán

Como xa comentei en días atrás, neste mes de febreiro vaise a producir lanzamento ó mercado dun aceite de calidade que vai ocupar, de seguro, un lugar na alta restauración e un espazo propio nas tendas gourmet de gama alta. Este aceite non é outro que Gotas de Abril e ven da man da empresa ourensana Aceites Abril.
Está elaborado cas variedades frantoio, hojiblanca e arbequina. Sae con unha produción de 10.000 unidades, que se presentan nuna orixinal botella, de 500 mls e que nos recordan a oliva. A súa data de envasado foi simbólica: o 12-12-12.
Ben pois como teño querencia a regar cun bo aceite de oliva cremas, lentellas, tostas, etc., xa que o aceite non vai a esconder o sabor do preparado e si potencialos, para probalo preparei unha tosta na que se conxuga: a melosidade e a dozura do marmelo, a cremosidade e acidez do queixo fresco do país, a forza da chacina cortada fina e para completar unhs fios de aceite Gotas de Abril por riba do conxunto.
Para la elaboración, que é rápida y fácil, usaremos:


Unhas rebandas dun bo pan
Marmelo de figos
Queixo do país
Chacina
Aceite de oliva virxe Gotas de Abril


Como xa expliquei noutras ocasións, cortamos o pan e poñemos no forno a 200º e sen prequecer, entre 5 e 6 minutos.
Untamos o marmelo no pan, pemos o queixo por riba e volvemos a poñer no forno para que se funda o queixo.
Poñemos a chacina por riva e regamos co aceite de oliva virxe Gotas de Abril.
Una deliciosa mestura de sabores.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito