Ir al contenido principal

Mini hamburguesas con ensalada

Ir a receita en castelán

Como na Coresma e na Semana Santa non todo son vixilias, imos a poñer unha receita con carne. Unha receita que lle vai a resultar moi agradable os máis cativos da casa.
Non descubre nada novo, é unha hamburguesa, seu valor é que non a mercamos feita e o seu valor engadido ímosllo a dar nos nas nosas casas.
Entón para elo precisaremos:

500 grs de carne picada

1 ovo
2 cebolas medianas
2 dentes de allo
1 rebanda de pan
Leite en cantidade necesaria
Pirixel
Fariña
Leituga
Aceite, sal, pementa e vinagre

Poñemos a remollo o pan na leite. Lavamos, secamos e picamos o pirixel e picamos finos os dentes de allo. Reservamos.
Nunha tixola, cun pouco aceite, pochamos a cebola picada uns 15 minutos a lume brando.
Nun bol poñemos a carne picada e imos mesturando ca cebola, ben escoada, co allo, co pirixel, co pan,tamén ben escoado, co ovo e con sal e pementa.
Amasamos ben ata obter unha masa homoxénea, da que iremos collendo as porcións e dándolle forma as nosas hamburguesas.
Todo este proceso podémolo facer o día anterior, deixando as nosas hamburguesas tapadas na neveira.
Xa no día da preparación, pasamos as hamburguesas por fariña, sacudindo o exceso da mesma (este paso é opcional).
Quentamos aceite e pasamos as nosas hamburguesas polos dous lados, ata que estean douradas e cociñadas por dentro.
Deixamolas nun papel de cociña.
Mentres facemos unha ensalada ca leituga e a outra cebola cortada en xuliana fina, que aliñaremos co aceite e o vinagre.
Servimos as nosas hamburguesas acompañadas con unha pouca ensalada e temos un delicioso prato na nosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito