Ir al contenido principal

Robaliza rechea de verduras e améndoas

Ir a receita en castelán

Mañá é o dia dos pais e dos Pepes, con tal motivo quero dedicarlles esta receita para a celebración do día.
É unha receita con un dos pescados que máis me gusta: a robaliza, que en combinación cas verduras fai dela un prato moi suave e agradable.
O dito moitas felicidades os Josés, Josefas, Mª Josés e pais.
Para a confección do prato, para 2 persoas imos a precisar:

2 robalizas de ración
1 cenoria
2 porros
1 dente de allo
Un vaso pequeno de viño branco
2 culleradas de améndoas laminadas
Aceite de oliva
Sal e pementa

Unha precisións antes de comenzar: as verduras que poño son as que eu usei. Podedes combinar cas que sexan do voso gusto, pero a miña recomendación é que non usedes máis de dúas, para que os sabores podan definirse ben.
Se non imos a limpar nos os peixes na casa, pedimos na peixería que lle quiten a cabeza, que o limpen ben por dentro e lle retiren a espiña central, separando en dous o peixe.
Se queremos presentar un prato 10, cunhas pinzas retiraremos as espiñas que levan polo lateral. Os comensais van a agradecer o detalle.
De un dos porros imos a reservar as follas verdes, que lavaremos ben e escaldaremos uns tres minutos en auga fervendo. Retiramos, pasamos por auga fría, para que non perda o verde e reservamos estiradas.
Picamos o allo e cortamos a parte branca dos porros en xuliana fina. Limpamos e facemos bastonciños ca cenoria.
Nunha tixola con unhas gotas de aceite, douramos as améndoas, salpimentamos e reservamos.
Na mesma tixola engadimos dúas ou tres culleradas de aceite e salteamos o allo, os porros e a cenoria. Deixamos facer uns seis ou sete minutos. Salpimentamos, engadimos o viño e deixamos facer ata que se evapore o alcohol.
Salpimentamos as robalizas e reenchemos cas verduras e cas améndoas tostadas, reservando algunhas para decorar o prato. Cerramos ca outra parte da robaliza e atamos cunhas tiras da parte verde do porro que temos reservadas.
Poñemos nunha fonte de forno engraxada e levamos ó forno prequecido, a 180º, uns 15 minutos (insisto cada un coñece o seu forno).
Servir decorando cas verduras do recheo reservadas e unhas poucas améndoas.
Servir quente.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito