Ir al contenido principal

Tapas&Blogs en Allariz

Ir a entrada en castelán




O pasado sábado, día 16, un animado grupo de blogueiros gastronómicos e de social media, tomamos rumbo a Allariz, con dous obxectivos: transmitir o potencial turístico e gastronómico de Allariz e, no que afecta o grupo, poñer a base sólida para o nacemento de Tapas&Blogs Galicia.
Para que todo saíra de xeito perfecto na consecución dos dous obxectivos, contábamos por parte de Allariz ca colaboración do Concello de Allariz e Turismo en Allariz e por outra estaba con nos Alfonso López, gastrobloguer, ourensán de pro e cofundador de Tapas&Blogs en Madrid, para prestarnos todo o seu apoio en este nacemento.
Teño que decir, que no plano persoal, eu xa ía entregado a causa de antemán, pois a Vila de Allariz cando recibe os seus visitantes, soamente co impacto visual que causa, xa predispón ó visitante de que o que lle queda por ver e vivir vai a ser unha boa experiencia.
Así pois, o sábado pola mañá tomamos rumbo a Allariz para iniciar unha fin de semana que se presentaba moi intensa.

No punto de encontro xa nos estaba a esperar Chao Quintana de Turismo en Allariz, despois de saúdos entre nos e de que algúns cargasen as pilas con unha tapa de callos, saímos rumbo o noso primeiro destino.
O Rexo Reserva da Biosfera
E o noso primeiro destino foi o Eco espazo de O Rexo. Alí fomos recibidos por Bernardo Varela,Terceiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Medio Ambiente. Logo das explicación dadas sobre o entorno, a flora, a fauna e a súa situación xeográfica dentro da Reserva da Biosfera. Unha vez enterados ata da existencia do sapoconcho, saímos a ver as ovellas, que por certo levan o seus andares entre as pedras graníticas decoradas por Ibarrola.
As ovellas cas que traballan neste espazo, son da raza latxa, procedente do País Vasco e das que sae o famoso queixo Idiazabal.
Visitamos o centro de elaboración dos queixos de ovella de O Rexo, un dos dous que se elaboran en Galicia. Vimos o centro de mixidura, explicáronos o proceso de elaboración do queixo e dende logo tamén o catamos. Persoalmente penso que é unha visita máis que recomendable para pais con cativos.

O Mercado Artesanal da Reserva da Biosfera
Si estivemos no centro de produción, a seguinte visita non podía ser outra que o lugar de venta. Así foi e fomos ata o Mercado da Reserva da Biosfera, onde fomos recibidos e deunos as explicacións pertinentes Cristina Cid, Primeira Tenente de Alcalde e Concellería de Promoción Económica, Turismo e Comercio. Neste espazo teñen cabida todos aqueles produtos artesanais da zona. Encontramos todo tipo de verduras e hortalizas, produtos do porco, licores, as setas non podían faltar, a leite ecolóxica "Ecoleia" (que despois visitaríamos) con uns doces elaborados que non podedes marchar sen probar, as cervexas artesanais de Allariz "Dama Alaricana", etc.
Este mercado abre todos os sábados pola mañá e está situado na antiga praza de Allariz, na beira do rio Arnoia. Podo asegurarvos que a visita ó Mercado, leva aparelladas unhas fermosas vistas do rio.
O Pepiño
Despois de ver tanto bo produto xa empezaba a facer un pouco de fame e leváronos a xantar a O Pepiño de Allariz. A primeira visión, nada máis entrar, podería ser a de unha botica, se non fora que os frascos que estaban polos estantes non eran precisamente medicinais. O resto do local tróuxome recordo das tabernas da miña infancia. Unha vez sentados a mesa comenzaron a desfilar as viandas que nos ofreceu o local, empanada de zorza e de congro, unhas tortillas de bacallau, rabo estufado, polo de curral, polbo a grella con grelos e sobremesas variadas.
Estando todo bastante bo, se teño que facer algunha recomendación, quedo cas empanadas e o polo de curral. 
No explotación de monte Penamá
Case sen tempo para unha sobremesa, saímos cara o Monte Penamá, onde en terreos da comunidad de montes en man común, apostan pola cría de gando da raza limiá, unha das razas autóctonas de Galicia.
Punto importante de esta explotación é a cría de bois para a súa posterior comercialización. Non imos a glosar neste relato a carne de boi, xa de todos coñecida.
O tempo recibiunos con choiva e frío, pero eso non nos votou para atrás.


Ecoleia
Preto de alí visitamos unha explotación gandeira, Ecoleia, que fan funcionar uns animosos xoves que traballan a marca, sobre os cimentos de un proyecto que data dos anos 80. Vimos o gando, a zona de envasado e a sala de mixidura que se estaba a facer nese mesmo momento. Coma xa dixen máis arriba, están presentes no Mercado Artesanal de Allariz.
Tapas&Blogs Galicia
A continuación veu o que sería a parte máis específica de Tapas-Blogs Galicia, con una reunión dos asistentes, entre os que teño a sorte de ter sido invitado. Despois de que Alfonso López nos falase do funcionamiento en Madrid, durante unha hora e media tivemos un intercambio de opinións para deixar sentadas as bases con miras ó futuro.
O Alárico, o Roi Xordo, A Micalla e o Fandiño
A cena fixémola tapeando por bares de Allariz. Arrancamos no Hostal Alarico moi tradicional (empanada, pulpo, tortilla) pero con fundamento e agradable conversa cos propietarios. A seguinte etapa foi o Roi Xordo , un dos locais mas antigos de Allariz, onde ó mesmo tomas unha tapa que bailas ou ves unha actuación musical. Merece a pena visitalo.
O seguinte paso foi un local xa máis moderno, A Micalla un lugar onde poder ter unha boa conversa cunha copa de bo viño
na man. Gustoume o local, con pozo, e bastante fondo, nunha esquina. Como non podía faltar en Allariz, era a visita o Fandiño. Un histórico na gastronomía, non só de Allariz, se non na gastronomía galega. Pois neste local e como colofón, degustamos un variado de sobremesas que puxeron fin a o noso deambular por los bares de Allariz.
As conclusións e a despedida
Ó día seguinte o almorzo foi na Fábrica de Vilanova, onde fixemos unha reunión ca representante do Cocello e a de Turismo en Allariz, para extraer conclusións da xornada do día anterior.
Penso que o resultado foi de optimismo para as dúas partes.
Visita Allariz, non saíras defraudado.  


      
 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito