Ir al contenido principal

Migas con provolone e ovo de paspallás

Ir a receita en castelán

Fai uns días, cando vos comuniquei que a receita da ensalada de sandía e queixo de cabra, fora unha das gañadoras do concurso "Tu receta en 22 minutos" de Canal Cocina, tiven un comentario no Facebook que viña a dicir que onde iamos a parar con estas mesturas, que onde quedaba a cociña tradicional. Mais ou menos, contesteille que eu era moi respetuoso ca cociña de sempre e que nunca deberiamos esquecela, pero que tampouco viña mal estudiar novas propostas. Resposta: é que deberiamos volver a comer con culler de pau. Nese momento cortei o diálogo igual que fago con todos os integristas.
Pois si lle pareceu sacrílega a mestura, hoxe vai outra.
Pra este prato e para dúas persoas precisaremos:

2 rodelas de Provolone
2 ovos de paspallás
250 grs de pan seco
30 grs de touciño
50 grs de chourizo
200 ml de auga
2 dentes de allo

Desmiuzamos o pan e humedecémolo ca auga. Deixámolo como unha hora e imos engadindo mais auga se fose necesario.
Cortamos en anacos o chourizo e o touciño, que faremos nunha tixola até que estean dourados.
Nunha cazola, con aceite de oliva, poñemos os allos picados e o pan previamente escoado. Facemos sen deixar de remexer até que estea completamente dourado. Engadimos o chourizo e o touciño. Se fose necesario rectificamos de sal.
Ca axuda dun aro cortapastas, facemos un oco na rodela do queixo, que rechearemos cas migas e ca axuda do propio aro. Poñemos por riba das migas a rodela que recortamos no queixo.
Levamos ó forno para que se funda algo o queixo.
Mentres o prato está no forno, fritimos os ovos de paspallas.
Nada máis saír do forno poñer por riba o ovo e a desfrutar desta mestura deseguido.
As migas de sempre, pero mesturadas con queixo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito