Ir á receita en castelán O outro día estando a facer a compra, na sección de vexetais, e topeime con uns pementos baby que me estaban a dicir que os levara. E así foi, non sabía moi ben o que ía a facer con eles, pero foron a parar ó carro da compra. Os pementos eran amarelos e vermellos, e viñan envasados baixo o nome de unha coñecida marca que envasa moitos vexetais frescos. Xa con eles na casa e ó abrir a neveira e ver os seus habitantes, dixen: morcilla de Burgos, queixo do país, tomates secos. Mans á obra e para elo imos a precisar (sen medidas, cada quen o seu gusto): Pementos baby Morcilla de Burgos Queixo do país Tomates secos Fariña Auga xeada Sal Pois con todo isto por riba da mesa, comencei por cortar o queixo en anacos, picar os tomates secos e sacar a morcilla da súa pel e picala. Nunha tixola votamos a morcilla picada, a que saltearemos, a continuación incorporamos os tomates picados, damos unhas voltas para mesturar ben ca morcilla, e por último o queix
Aprendemos xuntos.