Ir al contenido principal

Fabas con chipiróns

Ir á receita en castelán

Como non soamente existe o Nadal e o resto dos días tamén hai que comer, imos con algo mais prosaico: unha receita de legumes, neste caso unhas fabas, que mesturaremos con un produto do mar, os chipiróns (en castelán hay chipirones y calamares, no galego a palabra lura emprégase para os dous. A pesar do erro usarei o hiperenxebrismo para diferencialos).
Coido que estas mesturas de mar e campo ou montaña, sempre nos dan un resultado positivo e moi satisfactorio.
Pois xa metidos en faena procuraremos:

1/2 quilo de luras (chipiróns)
300 grs de fabas de La Granja
200 grs de cebola
1 pemento verde
2 dentes de allo
200 grs de sofrito de tomate
Pirixel picado, sal e aceite de oliva

Podemos usar fabas secas e cocelas nos ou ben usar as que xa veñen cocidas. O aforro en tempo e de enerxía é considerable. Eu usei unhas fabas de La Granja que xa veñen cocidas e o resultado foi moi bo. Escoar ben debaixo da billa.
Limpamos ben os chipiróns.
Picamos a cebola, os allos e o pemento que refogaremos a lume brando, até que estea ben pasado.
Cando as verduras estean no seu punto, engadimos os chipiróns enteiros e saltearemos o conxunto uns 10 minutos.
Incorporamos o sofrito do tomate, poñemos a punto de sal e deixamos facer uns 10 minutos.
Pasado o tempo incorporamos as fabas e deixamos facer o conxunto un par de minutos, tendo conta que non se nos desfagan as fabas.
Vedes que en pouco tempo, temos un estupendo e saboroso prato.
Servir quente.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es