Ir al contenido principal

Mousse de bonito sobre area crocante de pan e touciño

Ir á receita en castelán

Con esta receita e a seguinte que publicarei, quero facer por un lado unha proposta de uso das conservas galegas de calidade, e por outro facer unha receita para #RecetasSolidariasParaNavidad
Pois ben nesta primeira a conserva que quero poñer en valor é o bonito, entón imos a precisar:

200 grs de bonito en aceite de oliva
2 ovos
70 ml de tona
Pementa branca e sal
PARA A AREA
100 grs de pan
50 grs de touciño afumado en lonchas

Poñemos o forno a prequecer a 200º.
Mesturamos no vaso do batedor, o bonito escoado, os ovos, a tona, a pementa branca e sal. Batemos até que se integren ben os ingredientes e vertemos no molde escollido, se non é de silicona untar con manteiga.
Metemos no forno nun baño maría e deixamos entre 20 e 30 minutos. Imos vendo pinchando, até que saia limpo o palillo.
Deixamos atemperar e desmoldamos.
PARA A AREA, tostamos o pan e facemos o touciño no microondas, entre dous papeis de cociña, uns dous minutos para que nos quede crocante.
Trituramos o pan e o touciño até que queden cunha textura de area.
No prato ou fonte de servizo poñemos unha base de area e por riba a mousse de bonito. Regamos cun fío de aceite de oliva e servimos.
Un sinxelo prato cheo de sabores.

 


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es