Ir al contenido principal

Coello en prebe con patacas, ceboliñas e touciño

Ir á receita en castelán

Hoxe imos a tratar de facer unha receita moi saborosa, na que utilizaremos unha carne branca e moi saudable: o coello.
Estamos a falar de unha carne, que ademais de sere moi económica, para os tempos que corren, ten moitas proteínas e é baixa en graxas e colesterol.
Que máis queremos, un prato económico, san e por riba saboroso.
Entón para meternos en faena precisaremos:

1 coello
100 grs de touciño
Patacas pequenas
400 grs de ceboliñas
100 ml viño branco
200 ml de caldo de carne
1 folla de loureiro
Fariña
Pirixel
Aceite, sal e pementa negra

Cortamos o coello en anacos, salpimentamos e pasamos por fariña. Reservamos
Cortamos o touciño en dados ou lardos, pelamos as ceboliñas e as patacas.
Nunha cazola con aceite pasamos o touciño e as ceboliñas ate que estean dourados, retiramos e reservamos.A continuación dámoslle unha volta as patacas para que collan algo de cor, tamén retiramos e reservamos.
No mesmo aceite de dourar o touciño, as patacas e as ceboliñas, fritimos o coello ate, que colla cor. Cando teña a cor desexada, engadimos as ceboliñas, o touciño e as patacas. Regamos co viño e deixamos que se evapore o alcohol, para a continuación incorporar o caldo de carne. Poñemos unha folla de loureiro e un pouco de pirixel picado.
Deixámolo cocer, a lume medio, uns 25-30 minutos, tempo suficiente para que o coello quede tenro e as patacas feitas. Se durante a cocción fose necesario, podemos engadir un pouco máis de caldo ou auga.
Servimos no prato o coello, acompañado dunhas patacas, un par de ceboliñas, uns anacos do touciño e mollamos o conxunto co prebe.
Un económico, san e delicioso prato feito en pouco tempo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es