Ir al contenido principal

Roupa vella

Ir á receita en castelán

Canto tempo sen poñerme escribir un post dunha receita (nin dunha receita nin de nada).
Esto foi coma un mes sabático. Sabedes o que pasa, que co tempo estas festas do Nadal cada vez me saturan máis. Non me fagades caso, serán cousas de idade.
Como estou sen rodaxe imos cunha receita moi sinxela e de aproveitamento: Roupa vella.
Estamos en tempos de cocidos e esta é unha forma de reciclar ese cocido que nos sobrou, pero podemos aproveitar ca mesma receita, carne o caldeiro, polo, etc.
Non sei se o que eu fixen está dentro dos cánones que marca, pero isto é o que hai.
Precisaremos:

Sobras do cocido (carnes, patacas, repolo, garavanzos)
Auga do cocido (non imprescindible)
Cebola
Allo
Tomate
Pemento vermello
Pementón agridoce de La Vera
Aceite e sal

Non poño as cantidades dos ingredientes, pois van a ir en función do cocido a reciclar.
Picamos a cebola, o allo e o pemento de forma miúda e poñemos a pochar nun pouco aceite a lume brando.
Mentres imos relando o tomate e cortando os restos de cocido en anacos pequenos, un pouco máis que un garavanzo.
Cando teñamos a cebola ben pochada incorporamos o tomate relado e deixamos facer o sofrito uns minutos, para a continuación botar o pementón e unha pouca auga do cocido(se é que nos quedou), non ten que quedar caldoso, ten que quedar meloso.
Incorporamos os anacos de sobras do cocido, mesturamos ben os ingredientes e cando colla calor e ese aspecto meloso á mesa, a disfrutar novamente do cocido.
Xa vedes sinxelo, rápido e moi saboroso.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es