Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

Xamonciños de polo curral con piñóns

Ir á receita en castelán Xa había algún tempo que non faciamos nada con polo. Para esta ocasión escolllemos unha das partes nobres: os xamonciños. Para esta receita uso o produto de curral que nos ofrece a empresa Ourensana Coren . Un polo que se cría ó aire libre e que recibe unha alimentación 100% vexetal, baseada principalmente no millo. Na confección da receita, a cebola vai a queimarse un pouco, pero imos a conseguir o contrapunto co uso de un Pedro Ximénez, que nos vai a caramelizar a cebola e esta a súa vez conservar un punto de amargura, ademais de darnos cor o prebe. Penso que é unha moi boa convinación de sabores. Pois metidos en faena imos a precisar para dúas persoas: 4 xamonciños de polo curral Coren 1 dente de allo 1 cebola 2 culleradas de Pedro Ximénez 200 ml de viño branco 25 grs de piñóns Aceite, sal e pementa. Pelamos o allo e a cebola e cortamos en dados pequenos, que poremos a pochar en dúas culleradas de aceite de oliva. Salpi

Torta de mazá

Ir á receita en castelán Ola amig@s, estamos de novo ca nosa cociña a voltas. Hoxe metinme no campo das sobremesas, como xa vos teño dito non é o campo da cociña que máis me gusta. Nin traballalo, ni tampouco comelo en exceso. Pero ben imos a ir a elo con esta torta de mazá á que lle imos a dar un lixeiro toque crocante na superficie. Pois para poñer a receita en marcha necesitaremos: 600 grs de mazá pelada e descorazonar 3 ovos enteiros 300 grs de fariña de repostería 250 grs de azucre 80 grs de manteiga 1 vaso de leite 1/2 sobre de lévedo Royal 1/2 cullerada de vainilla en po 1 limón Canela Despois de peladas e descorazonadas as mazás, cortamos en láminas e mesturamos con 3 culleradas de azucre e o zume de medio limón. Reservamos. Abrandamos a manteiga e mesturamos co azucre, para a continuación incorporar os tres ovos enteiros. Batemos ata ter unha crema homoxénea. Incorporamos a fariña peneirada, que mesturaremos ben, para a continuació

Pasthida (cociña sefardí)

Ir á receita en castelán Na última feira de Xantar, que se celebrou fai unha semana, asistín a un taller de comida sefardí. Nese taller elaboraron este prato do que hoxe vos traio a receita. Estiben a buscala na rede, por si se me escapara algún matiz, pero non atopei ningunha referencia da mesma. A única referencia que teño é a do cociñeiro que diu o taller. O salmón e o bonito, obxecto desta receita, son dos peixes admitidos na cociña sefardí, non así os pescados planos e os mariscos. Pois para este rico prato sefardí precisaremos (as medidas son postas por min, segundo me ditaba o sentido común): 1 lámina de masa follada 1 cebola pequena 150 grs de champiñóns 250 grs de salmón (limpo de pel e espiñas) 50 ml de tona 35 grs de noces picadas 100 grs de queixo cheedar 100 grs de bonito 100 grs de espárragos brancos 1 cullerada de mahonesa 1 ovo Pementón agridoce de La Vera Pan relado Améndoas picadas Pois poñémonos mans á obra e comenzamos picando a cebola fina