Ir al contenido principal

51 Feira do viño do Ribeiro

Ir á receita en castelán

Coma case tod@s sabedes, nesta fin de semana que pasou celebrouse en Ribadavia, a 51 Feira do viño do Ribeiro. Xa queda lonxe aquel ano de 1.964.
Nesta ocasión tiven a sorte de participar nela, de una forma máis activa: nun blogtrip con outr@s compañeir@s, que dimos fe do bo facer nesa Feira.
Teño que confesar que xa facía algún tempo que non asistía, por desencanto, á Feira do viño do Ribeiro.
Deixei de asistir por varias razóns, entre elas o cambio de data que se fixo e durou uns anos. Demostrouse que era equivocada. Deixei de asistir por mor de grupos de xente que ian por o feito de beber por beber, con empurróns nas casetas, malos modos, etc. En fin que me sentía moi incomodo.
Despois da asistencia este ano, teño que rectificar todo o exposto anteriormente. Encóntrome cunha Feira moderna, con unha moi boa disposición das casetas, sen malos modos, con xente que está a degustar estes grandes viños de calidade, que pouco a pouco van ganando o espazo que nunca deberon perder, en resumo unha Feira moi profesional.
Nesta edición participaron oito bodegueiros exportadores e 21 colleiteiros, todos eles participando cun produto de moita calidade que fixo as delicias de todos nos.
Non vou a citalas, pois seguramente me vou a esquecer de algunha e non quixera.
Unha das novidades de esta Feira (xa comenzada o ano pasado) é a inclusión da gastronomía en vivo, con talleres feitos polos grandes da cociña galega. Penso que non se poden desligar a gastronomía e os viños. Un auténtico acerto.
Como novidade este ano participamos un grupo de blogueir@s gastronómicos e de turismo, que fomos dando conta de todo o que pasaba na Feira en directo.
Pero non nos quedamos aí, tres de nos participaron de forma directa nun taller de cociña con Ribeiro: Belén Otero de Cocinar para dos, Carmen Albo de Guisándome la vida y Rubén Amorín de Ni mata ni engorda. Nin que dicir ten, que o fixeron de maravilla.
Ir a Ribadavia, non só pode ser ir á Feira, ir a Ribadavia é ir a coñecela, pasear polo seu barrio xudeo e como non, visita imprescindible: A Tafona de Herminia, os doces xudeos ó alcance de todos. Toda unha institución.
Nos primeiros números que nos da a organización, falan de 18.000 visitantes. Un máis que bo número, que a bo seguro han de ir en aumento en vindeiras edicións.
Os gañadores de este ano foron os seguintes:
  •  Segundo premio Viño Tinto: Elisa Collarte 2012 de Elisa Collarte Bernárdez.
Dar as grazas á Denominación de Orixe Ribeiro e ó Concello de Ribadavia pola invitación que nos fixeron a participar.
Non podo deixar de nomear a Constantino Iglesias de SG Tino Iglesias, pola perfecta organización de toda a parte gastronómica.
E como non, dar as grazas os meus compañeir@s e amig@s blogueir@s, por esta estupenda fin de semana:

Alberto Rivas        Mais grelos
Belén Otero          Cocinar para dos
Carmen Albo         Guisándome la vida
Kike Gcia Cerviño  La Alacena roja
Fidel Martín          La parte contratante de la primera parte
Marta Valcarce      Travi en la cocina
Mónica Castelao    Deliciosamente galego
Rubén Amorín       Ni mata ni engorda 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es