Ir al contenido principal

Peixe espada (emperador) con langostinos


Seguimos con unha nova entrada con peixe, nesta ocasión o peixe espada, que na dinámica familiar e para que os máis cativos tomen peixe, coñecido como o peixe-polo.
Nestes meses estamos na mellor época para o seu consumo, entre abril e novembro. Se o mercas conxelado e para que non che dean cazón ou outra especie de quenlla, busca na etiqueta o seu nome científico (se está ben etiquetado teno que por): Xiphias gladius.
Pois ímolo a preparar con un lixeiro prebe e con uns langostinos, que penso que será do gusto de todos os da casa.
Necesitaremos:

4 rodelas de peixe espada
300 grs de langostinos frescos
4 dentes de allo
1 cebola pequena
1 vasiño de viño branco
Fariña
Pementa negra
Pirixel picado
Aceite de oliva e sal

Pelamos os langostinos e reservamos (as cabezas e caparazóns podémolos gardar para un caldo para un arroz).
Quentamos un pouco de aceite e pasamos volta e volta as rodelas do peixe (non convén pasar moito, xa que se seca), salpimentamos e reservamos.
Na mesma tixola (se fose preciso aumentamos unha cullerada máis de aceite) facemos a cebola picada fina, cando tome cor salpimentamos e incorporamos o allo picado miúdo e deixamos facer un par de minutos.
Engadimos o vasiño de viño branco e unha cullerada de fariña. Deixamos que colla un pouco de corpo e incorporamos os langostinos reservados e deixamos facer uns minutos.
Engadimos o peixe reservado, o pirixel picado e deixamos facer uns 3 minutos.
Un rico prato con un peixe de custo económico
e que, si temos coidado nos tempos de cocción moi saboroso.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es