Ir al contenido principal

Salmón marinado con froitas e verduras

Ir á receita en castelán

Ola, xa sei que teño isto un pouco abandonado. Pensei que ía a ter un montón de tempo co paso da vida laboral á prexubilación, pero ando raspado, raspado. Mellor así.
Volvemos con peixe, empeza a ser tendencia, neste caso o salmón que entre as moitas preparacións que ten, unha delas é marinado.
Imos a facer un marinado con froitas e verduras o que lle vai a dar un sabor moi agradable. É unha receita que preparo bastante a miúdo, pero que nunca me decidira a publicar. 
Utilizo as colas, que me dan un resultado fantástico.
Para esta preparación imos a precisar:

1 cola de salmón (500 grs aprox)
1 limón
2 laranxas
1 porro
1,5 ou 2 quilos de sal grosa
Aneto
Aceite, sal e pementa

Pois o proceso é moi sinxelo.
Pedimos na peixería que nos abran a cola e lle quiten as espiñas.
Xa na casa lavamos a cola, secamos, envolvemos en film transparente e levamos a conxelar unhas 48 horas (polo tema do anisakis).
Pasado o tempo deixamos desconxelar de maneira lenta no frigorífico.
Cortamos o porro en rodelas finas, pelamos as laranxas e cortamos en pequenos cubos, pelamos o limón e igualmente cortamos en pequenos cubos. Reservamos pel do limón sen a parte branca.
Nun bol botamos a sal e incorporamos o porro, as laranxas, o limón, o zume que soltaron ó cortar as froitas e un pouco de aneto. Mesturamos ben todos os elementos.
Nun recipiente adecuado, poñemos unha base da mestura de sal, poñemos as dúas metades da cola e cubrimos co resto da sal.
Cubrimos con film e deixamos no frigorífico entre 12 e 24 horas. Para medio quilo, con unhas 15/16 horas debería chegarlle.
Pasado o tempo sacamos da sal e lavamos ben, secamos e cubrimos con aceite e pementa negra.
Xa temos o noso salmón listo para usar. Vai a aguantar, no frigorífico, una semana bien.
Os usos que lle podedes dar está na vosa imaxinación: ensaladas, en lascas con aceite, en dados con pasta, etc.
A presentación que vos deixo nas fotos, é cortado en lascas finas, picamos moi fina a pel do limón reservado e un pouco de ceboliño, que votaremos por riba do salmón, o que vai a intensificar o seu sabor afroitado. Vertemos aceite de oliva por riba e a gozar de un estupendo prato para unha cea de verán.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es