Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2014

Foie de pato con langostinos

Ir á receita en castelán Ingredientes: Foie micuit de pato Langostinos frescos Zume de limón Aceite de oliva Pementa negra Sal Maldón Tomiño fresco e sal Como o luns non houbo receita, si recomendación, imos a poñer hoxe un petisco que nos vai vir moi ben para este Nadal. Non sei si é exactamente un mar e montaña, pero o que si é, é un mar e curral. Comenzamos retirando as cabezas dos langostinos e as peladuras (poderemos conxelalas para facer outro día un bo caldo para un arroz, por exemplo). Mesturamos os langostinos pelados, co zume de limón, o aceite e un pouco de tomiño picado e reservamos durante media hora na neveira. Cun cortador de fío de aramio ou un coitelo ben afiado e quente, cortamos unhas rodelas de foie, que salpimentaremos e pasaremos por unha tixola, cun fío de aceite, volta e volta. Pasamos o foie a un papel absorbente e reservamos. Ollo co tempo na tixola, pois non queremos que se nos desfagan. Na mesma tixola salteamos os langostino

Restaurante Outarelo - Ourense

Ir á entrada en castelán Hoxe acerco ó blog un dos sitios de Ourense dos que mais me gustan para xantar fora da casa. Trátase de un clásico da cidade, que aínda que haxa que desprazarse un par de quilómetros, merece a pena. A filosofía do local, está garantida pola terceira xeración na cociña do Outarelo . O Outarelo foi fundado no ano 1981 e o arraigo xeracional, fai que siga sendo un lugar de referencia na comida caseira e tradicional, da terra na que se cociña e de moito respecto ó produto empregado. Xa postos na mesa, imprescindible a especialidade da casa: o bacallau. Os amantes de este produto non poden deixar de probalo. Dende o meu punto de vista, son de obrigada proba, as anguías fritas, unha mais que boa ensalada de bacallau, a fideuá que fan cas anguías grandes, a carne richada e as sobremesas caseiras, destacando sobre elas as filloas. Carta ampla e están abertos a comidas por encargas. Ides a encontrar unhas racións xenerosas, que fan que a relación calidade

Croquetas de mexillóns

Ir á receita en castelán A semana pasada fixen croquetas de mexillóns, case con toda seguridade son das que máis me gustan. Cando tomo unha croqueta, gústame que sexa moi cremosa a bechamel e que sexan de un so elemento. É dicir, si son de xamón, de queixo, de bonito, de mexillóns, etc, sexan soamente de eso. A inclusión de moitos elementos non as vai a facer mas saborosas, evidentemente opinión persoal. Eu teño, para facer croquetas, como medida dende hai bastante tempo a seguinte proporción: 1x100x100. Quero dicir que para un litro de leite, 100 grs de manteiga e 100 grs de fariña. Se levasen líquido alleo ó leite, descontarase desta a cantidade empregada. Despois destas premisas imos a precisar: 170 grs de mexillóns 425 ml de leite enteira 75 ml de auga da cocción dos mexillóns 50 grs de manteiga 50 grs de fariña 1/2 cebola ou unha pequena Sal Pementa branca Noz moscada Evidentemente coma primeiro paso temos que cocer os mexillóns e reservar parte da auga de cocc

Salmón a baixa temperatura con pasteliños de pataca e Aceite Abril 100% galego

Ir á receita en castelán Este non é un post patrocinado O pasado mércores fun invitado, pola empresa ourensá  Aceites Abril , á presentación do seu Aceite de Oliva Virxe Extra, extraído de oliveiras plantadas na súa totalidade en Galicia. Aceite 100% galego. Atendendo as indicacións dadas, a oliva máis utilizada é a arbequina, que lles permite un cultivo máis intensivo, ademais de adaptarse mellor o noso clima. Pero a picual de crecemento máis tardío, tamén está presente nas súas plantacións. Aceites Abril ten, neste momento 151 Has. plantadas nas catro provincias galegas, parte delas xa en produción e o resto sobre o 2015. Pois ben neste evento asistimos a unha cata de aceite e, a min, sorprendeume o sabor deste aceite, un sabor fresco e natural cun lixeiro picor agradable os poucos segundos. Por ese sabor que eu notei, montei esta receita co Aceite de Oliva Virxe Extra 100% galego de Aceites Abril. Xa cando o lanzamento de Gotas de Abril fixera outra receita: Montad