Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2015

Peituga de polo as herbas con patacas

Ir á receita en castelán 1 peituga de polo enteira Patacas 2 dentes de allo Loureiro (1 folla) Ourego picado Tomiño picado Pementón 1 vaso de viño branco Aceite de oliva Sal e pementa Hoxe imos cunha receita rápida, económica e fácil. Unha receita con noso amigo o polo, que xunto ó pavo e ó coello forman as carnes brancas baixas en graxas, tan boas para nos. Comenzamos separando a peituga nas súas dúas metades e retirando as posibles graxas que poida traer. Poñemos as peitugas nun bol, salpimentamos e engadimos a folla de loureiro, os allos fileteados, o ourego, o tomiño, o pementón e un bo chorro de aceite de oliva. Mesturamos ben o conxunto e deixamos repousar, coma unha hora, na neveira. Pelamos as patacas e cortamos en dados (ou como máis vos gusten) e fritímolas nunha cazola. Retiramos e reservamos en papel de cociña. Na mesma cazola de facer as patacas, douramos, ben, a peituga e incorporamos o adobo e o viño branco. Baixamos a lume brando e deixamo

Arroz cremoso de mexillóns e luras

Ir á receita en castelán Arroz bomba Luras da ría Mexillón de Galicia Cebola Pemento roxo Tomates Viño branco Caldo de peixe Aceite e sal  Como se acerca a fin de semana imos cun arroz, prato moi recurrente para os xantares familiares de domingo. Diredes que tiro para a casa, pero no sabor vai a ir que a lura sexa da ría e o mexillón de Galicia. Non digo que con outro material este malo, pero ten a súa diferencia. Podemos comenzar por poñer a cocer os mexillóns para abrilos. Eu simplemente os poño na pota e deixo que se fagan no seu propio líquido. Cando estean abertos e cocidos, retiramos da súa concha, escoamos o líquido resultante e reservamos. Picamos a cebola, o pemento e o tomate sen pel nin pebidas. Limpamos ben as luras e cortamos en anacos. Nunha cazola, ancha e baixa, poñemos aceite de oliva a quecer e botamos a cebola picada para que se vaia facendo a lume brando. Pasados uns cinco ou sete minutos incorporamos o pemento roxo, damos unhas vol

Fritos de bacallau e tomates secos

Ir á receita en castelán   Ingredientes:   Bacallau desmiuzado 80 grs de tomates secos en aceite 150 grs de fariña 190 ml de auga ben fría 2 claras de ovo Sal Pirixel Aceite de oliva Esta receita vai dedicada a o meu bo amigo Javier Prado, ó que estes fritos vanlle a gustar. Levo dende o vinte de decembro sen publicar nada e gustaríame volver a coller o ritmo, de polo menos, facer unha publicación semanal. Esperemos que este sexa o comenzo. Se sodes fans deste tipo de preparacións, non podedes deixar de probar esta suave e lixeira masa. Esta masa para os fritos tomeina prestada do blog O Garfelo , de a miña boa amiga Loly Llano e que vos recomendo que visitedes, polo voso ben gastronómico. O proceso é ben sinxelo: Temos auga ben fría na neveira e os tomates entre dous papeis de cociña para retirarlle o exceso de aceite e picámolos. Nun bol poñemos a fariña peneirada e mesturamos ben ca auga fría. As medidas de auga e fariña son moi aproximadas, pero vos ve