Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2015

Crema de ervellas, berberechos e caviar de ourizo

Ir á receita en castelán 100 grs de ervellas Liquido de goberno da lata de berberechos 20 grs de nata 1 lata de berberechos ó natural 1 lata de caviar de ourizo Sal e pementa  Imos a retomar o tema das conservas e todo o xogo que nos dan na nosa cociña. Para a receita de hoxe, tomo prestada unha preparación que o gran cociñeiro galego Pepe Solla, realizou con conservas no seu momento. En comparación cas que fixemos antes do verán, esta e as que virán en días vindeiros son un pouco máis elaboradas, pero non por eso máis complicadas. Para a preparación de hoxe imos a utilizar dúas conservas a falta de unha e procederemos do seguinte xeito. Comenzamos preparando a crema de ervellas. Para elo escaldamos as ervellas, en auga fervendo, con sal, e pasamos rapidamente por auga fría. Buscamos non perder esa cor verde intensa. Trituramos as ervellas ca auga de goberno da lata dos berberechos e colamos. Levamos de novo o lume brando e incorporamos a nata. Axust

Hamburguesa de chourizo e langostinos

Ir á entrada en castelán Pan para hamburguesas Chourizo parrillero Langostinos Queixo cheddar Pemento morrón Manteiga Rúcula Maionesa Ketchup Paprika Sal e pementa Ó mellor chamarlle hamburguesa non é o máis correcto, pero a presentación é de tal. Imos a darlle color, sabor e orixinalidade á tradicional hamburguesa. Con esta hamburguesa ides a sorprender a vosa familia ou amigos, polo toque de orixinalidade e mestura de sabores. Abrimos os panecillos, untamos ca manteiga e pasamos pola grella. Un par de minutos por cada lado. Pelamos os langostinos, cortamos o chourizo en rodelas e o pemento en tiras. Preparamos o prebe do seguinte xeito. Nun bol poñemos unhas culleradas de maionesa, ketchup, paprika e pementa. Damos voltas para que se mesturen ben as texturas e os sabores.   Levamos as rodelas de chourizo e os langostinos á grella. Deixamos que se fagan, sen que se queimen. Uns dous ou tres minutos. Montamos poñendo un pouco de prebe no pan de b

Guiso de pescada e langostinos

Ir á receita en castelán Peladuras dos langostinos Raspas da pescada 1 cebola 1 pemento vermello   600 grs de pescada Un puñado de langostinos 2 patacas grandes 2 cenorias 2 tomates pera 1/2 taza de ervellas Sal e aceite Hoxe vai de pescado a receita, xa que tiña algo de mono. Explícovos o motivo. Como moitos de vos saberedes, nestes días pasados estiven por tres países de Centroeuropa, Rep. Checa, Austria e Hungría. Pois ben, son tres países que non teñen saída ó mar e isto marca moito a súa gastronomía. Tanto na Rep. Checa como en Budapest (Austria non tanto) non comen peixe durante todo o ano e si o comen é de río (perca ou troita). O único día do ano que comen peixe, é o de Noiteboa. Segundo nos contaron era típico que nas esquinas das rúas se puxeran postos con unha especie de barreños, onde tiñan as percas vivas. A xente por unha cuestión de prezo, as compraba unha semana antes e as mantiñan vivas ata o día de Noiteboa nas bañeiras. Non me preguntedes polo aseo