Ir al contenido principal

Guiso de pescada e langostinos

Ir á receita en castelán


  • Peladuras dos langostinos
  • Raspas da pescada
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermello
  •  600 grs de pescada
  • Un puñado de langostinos
  • 2 patacas grandes
  • 2 cenorias
  • 2 tomates pera
  • 1/2 taza de ervellas
  • Sal e aceite
Hoxe vai de pescado a receita, xa que tiña algo de mono. Explícovos o motivo. Como moitos de vos saberedes, nestes días pasados estiven por tres países de Centroeuropa, Rep. Checa, Austria e Hungría. Pois ben, son tres países que non teñen saída ó mar e isto marca moito a súa gastronomía.
Tanto na Rep. Checa como en Budapest (Austria non tanto) non comen peixe durante todo o ano e si o comen é de río (perca ou troita). O único día do ano que comen peixe, é o de Noiteboa. Segundo nos contaron era típico que nas esquinas das rúas se puxeran postos con unha especie de barreños, onde tiñan as percas vivas. A xente por unha cuestión de prezo, as compraba unha semana antes e as mantiñan vivas ata o día de Noiteboa nas bañeiras. Non me preguntedes polo aseo.
Imos ó noso:
  1. Pelamos os langostinos e reservamos as peladuras e os langostinos pelados.
  2. Picamos media cebola e medio pemento (non fai falla moi picados, son para o caldo).
  3. Nunha cazola poñemos un pouco de aceite e cando tome calor botamos as peladuras dos langostinos. Refogamos e prememos as cabezas para que solten o seu zume. Incorporamos a cebola e o pemento picado e damos unhas voltas. Cubrimos con auga e incorporamos as raspas da pescada. Deixamos facer unha media hora, desespumamos, colamos e reservamos.
  4. Mentres se fai o caldo, picamos a outra media cebola en plumas finas, o pemento e o tomate en anacos pequenos, a cenoria en rodelas finas e as patacas, tamen, en anacos pequenos.
  5. Noutra cazola poñemos un pouco de aceite e pochamos a cebola. Cando estea no seu punto, engadimos o pemento e o tomate. Remexemos o conxunto uns minutos e incorporamos a cenoria e as patacas. Damos unhas voltas e regamos, ate cubrir, co caldo reservado. Deixamos que se faga a lume brando uns 20 minutos.
  6.  A falta de cinco minutos engadimos a pescada sen pel nin espiñas e os langostinos. Pasado o tempo listo.
Levamos quente a nosa mesa, para disfrutar de un espléndido prato que terás que acompañar de un bo pan para facer sopas. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es