Ir al contenido principal

Ameixas, chipiróns e fabas en wok

Ir á receita en castelán

  • 500 grs de chipiróns
  • 500 de fabas brancas cocidas
  • 200 grs de ameixas
  • 1 copa de viño branco
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 guindilla (opcional)
  • Pementa, sal, pirixel
  • Aceite de oliva



 


Hoxe imos cunha receita de mar que completaremos con un produto do campo.
A técnica que imos a usar, vai ser o wok. Coma todos saberedes, o wok é como unha tixola redonda e abombada no fondo. Consiste en saltear os alimentos, co wok ben quente, dándolle voltas de xeito continuo e usando un mínimo de aceite. Básicamente.
Unha apreciación, dado que a cantidade de ameixas non é moita, o prato va a agradecervos unhas boas.
  1. Poñemos as ameixas en auga con sal (60 grs de sal por litro de auga) durante un par de horas, para eliminar posibles areas que nos estragarían o prato.
  2. Limpamos e secamos ben os chipiróns. Queremos saltealos, non cocelos.
  3. Pasamos as fabas por auga fría e poñemos a escoar.
  4. Picamos a cebola en plumas e os allos finos.
  5. Poñemos unha cazola ó lume cun fondo de auga, botamos as ameixas para abrir ó vapor. Segundo van abrindo, imos retirando. Reservamos.
  6. Levamos o wok ó lume forte cun fío de aceite. Movemos o aceite por todo o wok, incluídas as paredes. Engadimos os chipiróns e salteamos uns minutos. Reservamos.
  7. Como o aceite se consumiu, botamos un pouco máis e baixamos o lume, para poñer a cebola e o allo a abrandar e que tome unha pouca cor. Se decidides usar a guindilla, este é o momento.
  8. Incorporamos as fabas e damos unhas voltas ó conxunto. Engadimos o viño e deixamos evaporar o alcohol.
  9. Engadimos os chipiróns e as ameixas, salpimentamos e deixamos facer uns tres minutos remexendo de cando en vez.
Levamos o noso wok á mesa, despois de incorporar pirixel picado por riba. Non vai a haber moito prebe para mollar, pero disfrutaredes de un prato cheo de sabor.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito