Ir al contenido principal

Solombo de porco ibérico con ameixas en conserva

Ir á receita en castelán

  • 1 lata de ameixas (que sexan grandes)
  • 1 solombo ibérico
  • 1 tomate
  • 2 patacas
  • 1 cebola
  • Zume de carne
  • Romeiro
  • Sal en escamas





Este pasado domingo falei na Radio Galega, no Come e Fala, sobre a gastronomía e o turismo en terras extremeñas.
Unha das preguntas de José Manuel García, facía referencia a unha posible fusión da gastronomía das dúas rexións: Galiza e Extremadura.
Pois ben, dentro das receitas con conservas, imos a mesturar o solombo ibérico, ca nosa tradición conserveira.
Usaremos unhas ameixas ó natural en conserva e galegas, non dubidedes en mercalas grandes, a peza da carne e o sabor vano a agradecer. Receita do FROM.
  1. Poñemos as patacas, cortadas en rodelas de un centímetro aprox., nunha cazola cubertas de aceite. Levamos a lume brando, queremos que se cozan máis que fritirse.
  2. Cortamos o tomate e a cebola en rodelas. Nunha tixola untada de aceite, pasamos as rodelas de tomate e cebola. Reservamos, xunto cas patacas, nunha fonte que poida ir ó forno.
  3. Abrimos a lata, reservando o líquido de goberno da mesma.
  4. Mesturamos o zume de carne co líquido de goberno das ameixas. Regamos as verduras e patacas, co prebe resultante e levamos ó forno, prequecido a 160º, uns 15 minutos, cunha rama de romeiro.
  5. Mentres remata o forno, cortamos o solombo en medallóns e marcamos nunha tixola por todos os lados.
  6. Montamos o noso prato, cunha base de patacas, rodela de tomate, rodela de cebola e medallón de solombo. Regamos co prebe da fonte das verduras e salgamos cas escamas de sal.
Veredes que saborosa mestura na vosa boca e na vosa mesa. Non deixedes de probar este prato.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito