Ir al contenido principal

Tosta de lombo de peixe espada en aceite con allos tenros e mazá

Ir á receita en castelán
  • Lombos de peixe espada en aceite
  • Pan
  • Ceboleta
  • Allos tenros
  • Mazá Golden
  • Pementa vermella
  • Ceboliño
  • Viño branco
  • Sal e aceite de oliva




Unha vez que xa pasamos festas e ocupacións pendentes que tiña, vou a retomar o tema das conservas na cociña. Tentarei poñer unha cada semana.
Arrancamos esta semana cunha conserva que, eu, nin tan sequera sabía que existise. A conserva da que falo é o Peixe espada.
Topeina nos estantes do super case que un pouco escondida e dixen temos que probala e facer algo con ela.
Ó abrir a lata o aspecto é semellante ó de uns lombos de bonito en aceite, o sabor é distinto, máis intenso e fino o do bonito, pero non esta malo.
No envase vexo que está elaborado por unha conserveira de A Guarda de nome ORPAGU (Organización de Palangreros de A Guarda) e que nos garante que o que ven dentro da lata é un produto de España.
  1. Picamos fina a ceboleta, os allos tenros e en dados pequenos a mazá.
  2. Cortamos en rodelas o pan e levamos ó forno 5/6 minutos, a 200º sin prequecer.
  3. Nunha tixola cun fondo de aceite, pochamos a ceboleta ata que estea branda.
  4. Incorporamos o allo tenro, a mazá e salpimentamos. Remexemos e deixamos facer uns dous ou tres minutos. Pasado o tempo agregamos un pouco de viño branco, e deixamos que se evapore o alcohol e o líquido. Tennos que quedar unha textura melosa.
  5. Poñemos sobre a tosta mestura das verduras, por riba os lombos de peixe espada e rematamos cun pouco de ceboliño picado e unhas bolas de pementa vermella.
Xa tedes un bo petisco e veredes que o doce da mazá vai a contrastar moi ben co sabor do peixe espada.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es