Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

Chapata de polo con aires italianos

Ir á receita en castelán Pan chapata Fiambre de peituga de p ol o natural Pementos do piquillo Pesto Queixo (o que vos guste)  Salchichón de pavo Pepinillos Tomates secos en aceite Brotes de ensalada Hoxe non traemos ó blog un prato de cociñar no lume, hoxe traemos un saboroso bocata que faremos con un bo pan chapata. Un bocata que nos vai a ir de marabilla para unha cena fría, para uns entrantes ou para un pic-nic nunha excursión. As cantidades van a ir en función do voso gusto, pero xa veredes que mestura tan interesante de sabores. Abrimos o pan ó longo, retiramos a miga sobrante e untamos con manteiga. A manteiga vai a facer unha película entre o pan e o compango e evitará que se nos humedeza en exceso. Enchemos o noso bocata cunha base de brotes de ensalada, fiambre de polo, pesto untado, pementos (que abriremos con anterioridade), queixo, salchichón de pavo, tomates (escoados do aceite), pepinillos cortados en láminas e xa por riba de todo a tap

Xurelo ó forno con verduras

Ir á receita en castelán 1 xurelo grande 1 ceboleta 8 tomates cereixa Olivas negras 1 cenoria Pirixel Pementa Aceite de oliva Sal Volvemos de novo co peixe, co peixe azul e ó forno que é un dos xeitos que máis me gusta. Eu fixen a receita con xurelo, pero vai exactamente igual de ben cunha xarda. Como peixe azul que é, estamos ante un peixe graxo e con prote í nas boas. Rico en ácidos graxos omega 3 que lle van a vir moi ben o noso colesterol e trigliceridos. Pedimos na peixería que nos abran o xurelo coma un libro, que o limpen e lle retiren as espiñas. Traballo que nos levamos feito para a casa. Cortamos a cebola e a cenoria en xuliana fina, os tomates e as olivas en dous. Nunha cazola cun pouco de aceite, pasamos as verduras a lume brando. Mentres se fai o sofrito, poñemos o forno a prequecer a 190º. Nunha fonte, que poida ir ó forno, poñemos como base o sofrito das verduras, por riba o xurelo, salpimentamos e regamos cun fío de aceite. Lev

Hamburguesa de polo

Ir á receita en castelán 600 grs de peituga de polo 1 xema de ovo Allo e pirixel Pan relado Queixo relado (opcional) Follas de leituga Tomate Cebola Pan artesán Sal e pementa Aceite de oliva Xa sei que se ven pola rede un montón de hamburguesas que si é a perfecta, que si con un prebe case secreto, con unha mestura de follas aromáticas que é o non vai mais, etc. E con toda seguridade que é certo, pero a que traio hoxe a este blog é unha hamburguesa de polo moi sinxela de execución e moi saborosa no prato. Como veredes tampouco me compliquei co prebe, levei á mesa dous produtos para que cada quen se puxera o que mais lle gostara, levei dous prebes que temos a nosa disposición na Oleoteca La Chinata de Ourense . Unha mostaza con olivas negras e unha maionesa con trufa, aportan matices a nosa hamburguesa. Pedímoslle ó carniceiro que nos pique a peituga de polo. Se o queredes facer na casa e picala con coitelo, mellor. Eu a trouxen picada. Nun bol poñemos a car

Ensalada de salmón, bonito e verduras

Ir á receita en catelán 100 grs de salmón afumado 200 grs de lombos de bonito en aceite 2 tomates rama 6 pepinillos 1 lata de anchoas 1 cebola morada 1 aguacate 1 limón Follas de leituga Ma i onesa Sal e aceite de oliva Hoxe traemos ó blog, unha ensalada na que as conservas xogan un papel importante, xunto co salmón. Imos a facer unha sinxela ensalada que vai a estar chea de colorido e de sabores e que, despois de tanta inxesta de cocidos varios é coma un oasis no deserto. Pelamos e retiramos as pebidas dos tomates. Cortamos en dados pequenos, poñemos nun bol e aliñamos con sal e un fío de aceite de oliva. Reservamos. Cortamos a polpa do aguacate en dados pequenos, poñemos nun bol con sal e rociamos con zume de limón. Reservamos Cortamos unha terceira parte do salmón en tiras finas. O resto en dados e reservamos. Escoamos os lombos de aceite e picamos, tamén, en dados pequenos. Picamos , do mesmo xeito, os pepinillos e as anchoas escoadas de aceite

Bolas de pataca (ou ensaladilla frita)

Ir á receita en castelán Patacas Olivas verdes Ovo Bonito en aceite Manteiga Fariña Ovo (para o rebozado) Pan relado Sal e aceite de oliva Hoxe estamos nun deses días intermedios que ha i cando a troula se prolonga no tempo. Pois ben hoxe é luns de Entroido e é un día para facer un descanso gastronómico, xa que mañá volve a tocar cocido. Como xa tocou nos días anteriores. Imos con algo lixeiro, sinxelo e que non sei si chamar bolas de pataca ou ensaladilla frita. Poñemos a cocer as patacas e o ovo. Mentres picamos as olivas verdes (sede xeneros@s) e desfacemos o bonito. Pasamos o ovo (unha vez cocido) por auga fría. Pelamos, picamos e mesturamos cas olivas e o bonito. Cando estean cocidas as patacas, escoamos ben e pasamos polo pasa purés. Engadimos sal e unha pouca de manteiga. Remexemos para facer una masa fina. Incorporamos o bonito, as olivas e o ovo á masa. Remexemos todo ben para que se reparta uniformemente. Deixamos arrefriar e facemos

Polbo, patacas e grelos

Ir á receita en castelán Polvo cocido Grelos Patacas Cebola Allos tenros Pementa negra Pementón agridoce de la Vera Sal Maldon Nesta semana que empezamos, arranca a Feira Gastronómica de Xantar en Ourense. Entre as actividades da Feira está a de resaltar os produtos galegos de Denominación ou con o selo de Produtos de Indicación Xeográfica Protexida. Entón coincidindo co arranque da Feira, publico esta preparación con produtos nosos, da nosa terra e con toda a súa esencia no sabor. Nota sobre a cocción do polbo:   Se mercades o polbo fresco, sabede que ou ben o mazades a golpes, ou ben o conxelades (mínimo dous días) para que se produza a rotura das fibras. Desconxelamos o polbo o día anterior e, se non ven preparado, vaciamos totalmente a cabeza, sacamos o pico (a boca) que se sitúa no centro, onde se xuntan os raxos e lavamos ben. Poñemos unha pota con auga e cando ferva metemos o polbo e deixámolo cocer a lume medio. O tempo vai a depender do pes