Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2016

Patacas chafadas con champiñóns

Ir á receita en castelán 500 grs de patacas 3 dentes de allo 1 cebola mediana Champiñóns Trufa (opcional) Pementón agridoce de la Vera Pirixel Sal Pementa Aceite de oliva Pois si, tan sinxelo como patacas con champiñóns ( ou as setas que vexades máis convenientes). O orixinal da receita vai a estar no xeito de presentar unhas patacas cheas de sabor, que van a sorpren d er os nosos comensais. Primeiro preparamos as patacas, pois deber á n ir ó frío para que collan consistencia. Pelamos as patacas e triscamos coma si foxen para un guiso. Pelamos e esmagamos os dentes de allo. Cortamos a cebola en rodelas ou plumas. Nunha tixola con aceite de oliva, poñemos as patacas, os allos e a cebola. Deixamos que se vaian facendo a lume brando. Practicamente van a confeitarse. Escoamos ben, as patacas, do aceite ,  salpimentamos e engadimos o pementón. Chafamos cun garfo, patacas, cebola e allos ata obter unha especie de puré de patacas. Cas patacas chafa

Polbo con vinagreta de sofrito de tomate

Ir á receita en castelán 1 pata de polbo cocida Sal en escamas Pimentón agridoce de la Vera 3 tomates rama 50 ml de vinagre de mango (ou outro) 1 cullerada de azucre Humus Aceite de oliva Sementes de sésamo Follas de tomiño fresco Hoxe imos a darlle unha pequena volta ó polbo. Deixando de lado que a mellor preparación (ó menos para min) de este produto é "A Feira", podemos xogar un pouco con outras preparacións e outros sabores. Neste caso eu incorporo un vinagre de mango, que se pode cambiar por o que máis vos guste. Pelamos os tomates, limpamos de sementes e cortamos en dados. Sofritimos o tomate nunha tixola cun pouco de aceite, engadimos o azucre e o vinagre. Deixamos facer ata que caramelice. Retiramos do lume e deixamos arrefriar. Incorporamos as sementes de sésamo e cubrimos de aceite. Para o servizo, salteamos o polbo nunha tixola, poñemos no prato un fondo de humus, por riba o polbo e engadimos a vinagreta de tomate. Engadimos un belis

Muffins de tomates secos e mozzarella

Ir á receita en castelán 1 ovo 60 grs de manteiga 60 grs de azucre 80 ml de leite 135 grs de fariña 1 culler pequena de lévedo en po Noces 3/4 bola de mozzarella 6 ou 7 tomates secos en aceite Follas de alfábega Queixo crema Sal e pementa @s que me coñecedes na distancia corta, sabedes que non son moi partidario de usar nomes noutro idioma, cando temos a palabra precisa no noso. Pero vou facer unha excepción e voulle chamar "muffins" as madalenas de toda a vida, "cupcakes" xa me parecía excesivo. Vaia por diante o meu respecto por tod@s @s seguidores de este xeito de presentar as madalenas. A receita que nos ocupa, vai na liña do contraste doce/salgado. Dubidei de incorporar o azucre, pero coido que foi un acerto. Cas medidas que se dan saen uns 10 "muffins". Poñemos o forno a prequecer a 180º Escoamos a mozzarella e secamos os tomates. Picamos xunto ca alfábega e reservamos. Nun bol batemos o ovo, o azucre e a manteiga

Arroz con lacón e chourizo

Ir á receita en castelán Arroz bomba Lacón (asado ou cocido) Chourizo cocido Cebola Porro Allo Pemento roxo Caldo de polo  Viño branco Pirixel Pementón agridoce de la Vera Aceite de oliva Sal Esta é unha desas receitas de aproveitamento, que temos que ter sempre moi presentes na nosa cociña. Esta receita ven ó blog, da man de Vero Novoa, do blog A'Punto , que publicou o outro día unha receita de arroz con codillo. Non a executo exactamente igual, pero deume a idea para sacar do conxelador lacón e chourizo que tiña en espera. Se ides a incorporar o chourizo desde cru, o meu consello é o de darlle un previo cocido para desgraxalo. Picamos fino a cebola, o porro, o pemento e o allo. Nunha cazola, cun fondo de aceite, poñemos a pochar as verduras. Cando estean no seu punto, incorporamos un golpe de viño e deixamos evaporar o alcohol. Mentres se fan as verduras, picamos o lacón e o chourizo. Agregamos o lacón e chourizo picados e remexemos, para

Pescada con patacas e pementos

Ir á receita en castelán 2 lombos de pescada 2 patacas 1/2 pemento roxo 1 cebola 6 allos tenros Sal Sal ó pementón Pementa negra Aceite de oliva A verdade é que xa me está a empezar a asustar a ausencia de carne no blog. Digo isto, xa que como vedes, volvemos ó mar. Nesta ocasión volvemos ó mar en forma de pescada. A pescada é un peixe branco, polo tanto libre de graxas, que neste momento está na súa tempada, que vai dos meses de abril a xullo. É un dos peixes máis consumido por los españois, moi apto para dietas e pr á cticamente libre de colesterol. Pelamos as patacas e cortamos en rodelas, como para panadeira. Cortamos a cebola en plumas, o pemento en tiras pequenas e os allos tenros en dous (segundo tamaño). Poñemos unha tixola ó lume con aceite de oliva cando sirva o aceite, incorporamos as patacas xunto cas verduras. Baixamos a lume medio e deixamos facer o conxunto lentamente. Tede en conta que aínda van a ir ó forno, polo tanto convén re

Milfollas de mazá, Camembert, Roncari azul e vinagreta de pomelo e canela

Ir á receita en castelán 1 mazá roxa 1/2 peza de Camembert 40 grs de Roncari azul 1 pomelo Follas de brotes 1 culler pequena de azucre moreno 1 belisco de canela 6 culleradas de aceite de oliva virxe Sal e pementa Parece que o tempo se torce, pois que chova eu vos ofrezo unha rica ensalada chea de matices. Se sodes amantes do queixo non deixedes de probar esta ensalada, de traballo cero e de presenza dez. Ademáis xa veredes como vos sorprende a vinagreta. Sacamos os queixos e a mazá da neveira con antelación e tomen todo o seu sabor. Cortamos o Camembert en lonchas e desmiuzamos o Roncari. Lavamos , secamos, descorazonamos e cortamos en rodelas finas a maz á . Poñemos as rodelas regadas co zume de medio pomelo. Preparamos a vinagreta co zume da outra metade do pomelo, o azucre, a canela e o aceite. Salpimentamos e emulsionamos. Sacamos as rodelas de maz á do zume e secamos. Montamos unha base de mazá, seguimos con lonchas de Camembert, rodelas d

Bacallau e verduras en tempura sobre tomate e coandro

Ir á receita en castelán 2 lombos de bacallau desalgado 2 tomates 1 dente de allo Coandro 1 cebola morada Aceite de oliva 125 grs de fariña 5 grs lévedo fresco 150 ml de auga 2 dentes de allo 1 puñado de pirixel 1 clara de ovo Verduras variadas Retomamos hoxe outra receita cun peixe moi presente neste blog. Presente por o seu sabor e presente pola súa versatilidade. Faremos unha tempura que ben nos podería servir como unha Orly para unhas gambas. O punto crítico desta receita está no aceite quente, pero que non abrase, para conseguir unha envoltura dourada e crocante e, ó mesmo tempo, un bacallau que nos se seque. Cortamos os lombos de bacallau (sen pel nin espiñas) en dados. Pelamos e cortamos en pequenos dados os tomates (sen sementes). Poñemos nun bol. Picamos fino o coandro, o allo e a cebola. Engadimos ó tomate e regamos con aceite. Salgamos, mesturamos e reservamos. Poñemos a fariña nun bol e engadimos o lévedo diluído en 50 ml de auga tibia. Des