Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2016

Salmón ó forno con prebe de froitos roxos

Ir á receita en castelán 4 supremas de salmón 100 grs de froitas roxas conxeladas Pereira 1 cunca de azucre 1/4 de cunca de auga 1 cunca de soia 1/4 de cunca de xenxibre picado 3 culleradas de aceite 1 cullerada de marmelada de framboesa Pementa Sal en escamas Entre os produtos que comercializa Pereira Productos del Mar , están uns froitos roxos conxelados, que van a facer que dispoñamos deles durante todo o ano. @s que me seguides no blog, xa sabedes que facer sobremesas non é o que máis me gusta. Por eso vou a usar os froitos roxos nun prato salgado de peixe. Poñemos n un cazo a auga co azucre. Cando ferva incorporamos os froitos roxos e deixamos facer a lume brando entre 10 e 15 minutos. Reservamos. Nun recipiente mesturamos a marmelada, a soia, o aceite e o xenxibre, mesturamos ben e poñemos a macerar o salmón 30 minutos mínimo. Pasado o tempo, e sen escoar de todo, poñemos as supremas de salmón nunha fonte que poida ir ó forno. Deixamos facer, no for

Vieira, sofrito, xamón crocante e maionesa de coral

Ir á receita en castelán Vieira conxelada Pereira Sofrito conxelado Pereira Xamón serrano Aceite de oliva virxe Pementa negra Sal en escamas Cando no mes de xuño pechei a miña cociña por vacacións, quedei en débeda cos amigos de Pereira Productos del Mar .  Pois ben, imos a saldar esa débeda cunha primeira receita na que imos a usar: unhas estupendas vieiras e o preparado que comercializan para o sofrito. Moito tempo nos aforra o ter todo picado. É a típica vieira con sofrito, xamón, vieira e o seu coral. O que imos a variar é a presentación, pois non podía esconder esa espléndida vieira. Ten que ser a protagonista. Poñemos a desconxelar as vieiras o día anterior. Separamos o corpo da vieira do coral e trituramos este último con aceite, sal e un belisco de pementa, ate conseguir unha textura similar á maionesa. Entre dous papeis de cociña, poñemos o xamón e levamos dous minutos ó microondas. Deixamos que enfríe. Pasamos , polo lume suave, a cantid

Ensalada de brotes, berberechos e crema de tomate

Ir á receita en castelán 5 tomates pera 1 rebanda de pan do día anterior 1 lata de berberechos Brotes de ensalada Aceite de oliva virxe Sal en escamas Xa pasou o mes de xullo e empeza a ser tempo de abrir a cociña e poñerse a traballar. Na miña derradeira intervención no Come e Fala , falei do uso das conservas e de que estaba a preparar algunha cousa máis para o blog. Pois con esta receita, por unha banda, cumpro co prometido, e por outra imos cunha fresca ensalada para este tempo de calor do mes de agosto. Pelamos e cortamos en anacos os tomates. Facemos o mesmo co pan duro. Poñemos os tomates e o pan no vaso do batedor, engadimos sal e un bo chorro de aceite de oliva virxe. Trituramos ata obter unha crema fina. Cubrimos o fondo do prato de servizo ca crema de tomate, incorporamos os brotes de ensalada e rematamos cos berberechos. Aliñamos a ensalada cun fio de aceite de oliva e engadimos a sal en escamas. Xa vedes de que xeito tan sinxelo, temos