Ir al contenido principal

Arroz con mexillóns

Ir á receita en castelán
  • Arroz bomba
  • Mexillóns
  • Cebola
  • Pemento vermello
  • Pemento verde
  • Allo
  • Touciño
  • Viño branco
  • Caldo de facer os mexillóns
  • Aceite de oliva
  • Sal


Estamos tendo unha tempada na que está a haber no mercado uns excelentes mexillóns. Hoxe imos a facer un arroz con eles e a seguinte receita será de un escabeche.
A receita de hoxe é moi sinxela, pero non por elo de menos categoría e sobre todo chea de sabor.
  1. Abrimos os mexillóns ó vapor, para elo poñémolos na cazola e deixamos que se vaian abrindo na súa propia auga.
  2. Segundo vaian abrindo os imos retirando a unha fonte e colamos o caldo resultante que reservaremos. Sacamos os mexillóns das cunchas e reservamos
  3. Picamos as verduras e facemos o sofrito a lume brando.
  4. Cando as verduras estean no seu punto engadimos o touciño ben picado. Deixamos facer un par de minutos.
  5. Engadimos o arroz e remexemos cas verduras para que se mesturen os sabores. Regamos cun golpe pequeno de viño branco e deixamos que se evapore o alcohol.
  6. Neste momento botamos o caldo da cocción dos mexillóns e deixamos que se nos vaia facendo. Aclarar o tema da sal, o touciño leva sal e o caldo dos mexillóns leva a sal que traen, probade e si tal rebaixades o caldo cunha pouca auga.
  7. Cando lle queden cinco minutos ó arroz, incorporamos os mexillóns. Pasado o tempo retiramos e deixamos repousar.
Xa vedes que non vos engano, sinxelo, de categoría e cheo de sabor a mar.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es