Ir al contenido principal

Mexillóns en escabeche

Ir á receita en castelán
  • Mexillóns cocidos
  • 500 ml de aceite
  • 250 ml de vinagre
  • 250 ml de vino
  • 2 culleradas de caldo dos mexillóns
  • 10 dentes de allo
  • 8 follas de loureiro
  • 1 rama de tomiño e 1 culler de ourego
  • 6 cravos de olor
  • 30 grs de pementa negra en grano
  • 1 cullerada de pementón agridoce
  • 1/2 cullerada de azucre
  • 1/2 cullerada de sal

Como continuación da anterior receita de mexillóns, traemos hoxe outra e imos a preparalos en escabeche, o que nos vai a dar moito xogo.
As medidas que se dan nos ingredientes, son para un escabeche grande, un escabeche que pode rondar polos cinco quilos de mexillóns. Desde esta referencia calculade a cantidade de ingredientes.
Nas fotos que acompañan esta receita, vai unha especie de hamburguesa e nunha táboa cun pouco queixo en aceite. Vos ides a decidir a presentación.
  1. Douramos os allos no aceite.
  2. Unha vez dourados e fora do lume, engadimos o pementón e o resto dos ingredientes.
  3. Damos un fervor de uns tres minutos e incorporamos os mexillóns cocidos.
  4. Deixamos que coza uns 10 minutos máis.
  5. Conservámolos nun recipiente (preferiblemente de cristal ou aceiro) sempre cubertos de líquido. Podemos conservalos uns oito días na neveira (sempre cubertos de líquido).
  6. Se decidides presentalo nun pan de hamburguesa, macerade un pouco de cebola morada, cortada en plumas, un par de horas no líquido do escabeche.
Tedes un rico escabeche, que podedes usar nos entrantes da vosa comida do xeito que vos diga a vosa imaxinación.
 
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es