Ir al contenido principal

Ás de polo en escabeche

Ir á receita en castelán
  • 1 kg de ás de polo
  • 100 grs de ceboleta
  • 7 ceboliñas en vinagre
  • 150 grs de apio
  • 250 grs de porro
  • 100 grs de cenoria
  • 10 dentes de allo
  • 1 rama de tomiño
  • 75 ml de aceite
  • E ademais...
  • 100 ml de aceite
  • 135 ml de vinagre
  • 100 ml de viño branco
  • 700 ml de auga
  • 7 grans de pementa negra

Hoxe con esta receita incorporo un pequeno vídeo da mesma. Esta incursión é de proba e posiblemente haberá algunha mais. 
Indo ca receita, cando falamos de escabeche a cabeza vaise, case de xeito automático, ó peixe.
Pois ben, as carnes tamén se escabechan e quedan realmente moi ben, coello, perdiz, solombo, polo, etc.
  1. Cortamos a cenoria, o porro e o apio en rodelas e pelamos o allo.
  2. Nunha cazola axeitada e cun pouco de aceite, douramos as ás de polo. Non se deben facer, deben dourarse.
  3. Retiramos e reservamos as ás e no mesmo aceite, refogamos as verduras picadas. Entre 8 e 10 minutos.
  4. Pasado o tempo, incorporamos as ás reservadas, o viño branco, o vinagre, o aceite, os grans de pementa, as ceboliñas e as follas da rama de tomiño.
  5. Cubrimos con auga e deixamos facer, tapado, uns 25/30 minutos.
  6. Retiramos do lume e deixamos que repouse un día como mínimo.
Temos un espectacular escabeche, que podemos conservar na neveira ata unha semana, sempre que estea cuberto co líquido do escabeche.
Ímolo a servir a temperatura ambiente.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es