Ir al contenido principal

Guiso de fabas de Lourenzá, xarrete, chourizo e panceta

Ir á receita en castelán
  • 300 grs de fabas de Lourenzá
  • 200 grs de xarrete
  • 150 grs de panceta
  • 1 chourizo
  • ½ cebola
  • 2 dentes de allo
  • Pementón de La Vera
  • Aceite de oliva
  • Sal





Xa temos que empezar cos pratos de culler, aínda que esta receita non é exactamente unha fabada, vaille sentar moi ben ó noso corpo.
A faba que imos a usar é unha faba procedente do Val de Lourenzá, na Mariña Lucense. Unha faba de unha calidad excepcional e que está amparada pola IGP (Indicación Xeográfica Protexida).
Está documentado o mercado desta faba dende o século XVIII. Comparto o enlace co Concello de Lourenzá, por se vos interesa coñecer máis sobre o produto.
  1. Deixamos as fabas a remollo desde a noite anterior.
  2. Imos a facer este guiso partindo con todos os ingredientes en frío.
  3. Despois de escoadas e pasadas por auga, poñemos as fabas nunha cazola axeitada.
  4. Picamos a cebola, o allo e incorporamos.
  5. Cortamos en anacos bos o xarrete, o chourizo e a panceta. Incorporamos á cazola.
  6. Regamos cun bo chorro de aceite e cubrimos con auga.
  7. Levamos o conxunto a ebulición e rebaixamos a lume brando. Engadimos o pementón.
  8. Deixamos facer entre unha hora e media e dúas horas. Se fose necesario engadimos algo máis de auga.
  9. Para o servizo poñemos unha base de fabas nun prato, un anaco de carne, de chourizo e de panceta. Regamos co caldo da cocción.
Levamos rapidamente para a mesa e ides a comprobar o motivo da fama desta fantástica faba.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es