Ir al contenido principal

Pescada, patacas e allada

Ir á receita en castelán
  • 4 rodelas de pescada do pincho
  • 3 patacas
  • 1/2 cebola
  • 1 anaco de porro
  • 2 ramas de pirixel
  • 2 dentes de allo
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Aceite de oliva
  • Sal





Que vos parece se seguimos con receitas sinxelas e de rápida execución. Pero despois de dito, hai que dicir que estamos a falar de un prato delicado e moi cheo de sabor.
As medidas da receita son para dous comensais.
  1. Poñemos ó lume un cazo con auga e engadimos a media cebola, o anaco de porro, as dúas ramas de pirixel e sal.
  2. Deixamos facer uns 15 minutos este caldo rápido e engadimos as patacas en anacos grandes.
  3. Mentres se fan as patacas, poñemos aceite nunha tixola e deixamos dourar os allos laminados. Cando os allos toman cor, retiramos do lume e engadimos o pementón, remexendo rápidamente para que non se queime.
  4. Poñemos a allada resultante nun recipiente, para que os residuos do pementón se vaian ó fondo e nos quede o aceite coloreado.
  5. Cando as patacas lles quedan uns cinco minutos, incorporamos á cazola as rodelas da pescada. Deixamos que se faga o conxunto entre catro ou cinco minutos. Retiramos do lume e deixamos repousar outros tres minutos tapada.
  6. Para o servizo escoamos a pescada e as patacas, poñemos no prato e regamos ca allada.
Non o deixedes de probar, xa que estamos ante un prato realmente soberbio.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es