Ir al contenido principal

Risotto con zamburiñas en prebe de vieira Portomar

Ir á receita en castelán
  • 140 grs de arroz bomba
  • 1 lata de zamburiñas en prebe de vieira Portomar
  • 2 chalotas
  • ½ vaso de viño branco
  • Caldo de polo
  • Manteiga
  • Parmesano
  • Pementón de la Vera
  • Aceite
  • Sal




Fai un par de semanas tiven a oportunidade de formar parte do xurado, para escoller as receitas que conformarán o calendario de Pereira Productos del Mar.
Pereira agasallounos con un conxunto de Conservas Portomar, empresa que acaban de adquirir fai pouco.
Pois ben esta é una sinxela receita de un risotto básico, que imos a enriquecer con unhas zamburiñas en prebe de vieira da marca Portomar.
  1. Picamos as chalotas e deixamos facer a lume brando ate que estean ben pochadas.
  2. Cando as chalotas estean no seu punto, engadimos o arroz e remexemos para que se empape do conxunto de as chalotas e o aceite.
  3. Regamos co medio vaso de viño e remexemos ate que se evapore o alcohol. Veremos que se nos vai quedando cremoso.
  4. A partir deste momento imos engadindo caldo de polo, os poucos, na medida que o vaia necesitando. Co primeiro cazo engadimos o pementón.
  5. No momento que o arroz estea no seu punto, engadimos unha noz de manteiga e xa fora do lume, o parmesano relado. Remexemos para que se incorpore no arroz.
  6. Vaciamos o contido da lata das zamburiñas nun recipiente que poida ir ó microondas. Dámoslle un pequeno golpe de calor no micro. É preferible ir despazo, xa que o exceso de calor pode cortarnos o prebe.
  7. Para o servizo poñemos unha pequena cantidade de risotto e por riba dúas ou tres zamburiñas. O prebe que leven vainos a chegar para que mollen o arroz.
Xa vedes de que maneira tan sinxela e facendo uso das nosas conservas, temos un prato de dez.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito