Ir á receita en castelán 1 cebola 50 grs de pemento roxo 50 grs de pemento verde 50 grs pemento amarelo 200 grs cabaciña 200 de berenxena 150 grs de tomate Ovos Sal e pementa Imos a desintoxicar o corpo de todas as copiosas comidas destes días de festas. Que mellor que unhas verduras transformadas nun rico prato cheo de sabor e color. Eu incorporo un ovo, xa que me gusta moito a mestura destes sabores. Picamos en anacos pequenos a cebola e poñemos a pochar nun pouco aceite. Mentres se fai a cebola imos picando os tres pementos en anacos pequenos e incorporamos a cebola. Damos unhas voltas e mesturamos. Despois duns catro minutos, incorporamos a cabaciña en anacos pequenos. Mesturamos e despois de outros catro minutos engadimos a berenxena, tamén en anacos. Mesturamos ben as verduras e despois de outros catro minutos engadimos o tomate picado. Deixamos facer a lume brando as verduras. Non debemos deixar que as verduras se abranden moito, xa que gusta
Aprendemos xuntos.