Ir al contenido principal

Chupa-Chups de zanco de paspallás

Ir á receita en castelán
  • Zancos de paspallás
  • Xamón serrano
  • Améndoas tostadas 
  • Pan relado
  • 1 ovo
  • Aceite









Outra opción para esa mesa de picoteo do noso Nadal. Un prato crocante que tanto nos gusta e cunha suave carne de ave.
Non é necesario mercar o paspallás enteiro, hai no mercado unhas bandexas co despece xa feito.
Na bandexa ven o zanco e o contra zanco, nos os separamos e imos a facelo dos zancos. 
  1. Abrimos o envase dos zancos uns cinco ou dez minutos antes do seu uso. Separamos o zanco do contrazanco.
  2. Mentres se airea a carne, poñemos unhas lonchas de xamón entre papel de cociña e levamos 1 minuto ó microondas. Tedes que ver se necesita algún tempo máis. Deixades arrefriar.
  3. No vaso do batedor imos a mesturar un puñado de améndoas e as lonchas do xamón en anacos. Trituramos, pero queremos que non nos quede desfeito de todo.
  4. Mesturamos o triturado de xamón e améndoas cun pouco de pan relado groso. Reservamos.
  5. Collemos os zancos e cortamos os tendóns que o unen ó oso, retiramos a carne para atrás formando unha bola.
  6. Pasamos os chupa-chups por ovo batido, a mestura relada, outra vez por ovo e outra vez pola mestura.
  7. Fritimos en aceite quente, pero ollo, teremos que ter coidado ca temperatura, pois estarán ó lume uns cinco minutos e teremos que estar dando voltas para que non se nos queimen e se pasen por dentro.
  8. Reservamos sobre papel absorbente para que perdan o exceso de graxa.
  9. Para o servizo podemos acompañar de unhas patacas chips, que podemos facer nos mesmos. Tamén lle iría moi ben un ali-oli.
Xa vedes que complicación pouca e que ata o paso da fritura, podemos telo todo feito con antelación.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito