Ir al contenido principal

Pisto e ovo fritido

Ir á receita en castelán
  • 1 cebola
  • 50 grs de pemento roxo
  • 50 grs de pemento verde
  • 50 grs pemento amarelo
  • 200 grs cabaciña
  • 200 de berenxena
  • 150 grs de tomate
  • Ovos
  • Sal e pementa




Imos a desintoxicar o corpo de todas as copiosas comidas destes días de festas.
Que mellor que unhas verduras transformadas nun rico prato cheo de sabor e color. Eu incorporo un ovo, xa que me gusta moito a mestura destes sabores.
  1. Picamos en anacos pequenos a cebola e poñemos a pochar nun pouco aceite.
  2. Mentres se fai a cebola imos picando os tres pementos en anacos pequenos e incorporamos a cebola. Damos unhas voltas e mesturamos.
  3. Despois duns catro minutos, incorporamos a cabaciña en anacos pequenos. Mesturamos e despois de outros catro minutos engadimos a berenxena, tamén en anacos.
  4. Mesturamos ben as verduras e despois de outros catro minutos engadimos o tomate picado. Deixamos facer a lume brando as verduras.
  5. Non debemos deixar que as verduras se abranden moito, xa que gusta encontrar os anacos na boca.
  6. Fritimos uns ovos e poñemos por riba do pisto.
Xa vedes, todo sabor no noso prato e todo color.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito