Ir al contenido principal

Hamburguesa de salmón

Ir á receita en castelán
  • Pan para hamburguesas
  • 400 grs de salmón limpo de pel e espiñas
  • 50 grs de panko
  • 2 culleradas de maionesa
  • 1 culler pequena de curry
  • Pirixel
  • 1 cebola
  • 1 aguacate
  • Azucre 
  • Prebe de solla
  • Aceite e sal


Mirade que forma tan sensacional de levar peixe a nosa mesa, en forma de hamburguesa.
Imos a aproveitar este peixe graxo, para elaborar unha saborosa hamburguesa, cunha textura (non hai que deixala pasar moito) suave e con un gran contraste de sabores.
Para ligala usaremos panko, un pan relado estilo xaponés. Como xa incorporamos maionesa na súa composición, para a presentación no uso ningún prebe. Quero un sabor limpo que me contraste ca cebola confeitada.
  1. Picamos o salmón, con coitelo, como si fose para un tartar, en dados pequenos.
  2. Nun bol mesturamos o salmón, co panko, a maionesa, o pirixel picado, sal e pementa. Mesturamos ben e formamos as hamburguesas (eu as fixen minis e saíron oito hamburguesas do tamaño que vedes na foto).
  3. Levamos as hamburguesas á neveira (mínimo 30 minutos) para que collan corpo.
  4. Mentres temos as hamburguesas ó frío, nunha tixola con aceite, pochamos a lume brando, a cebola cortada en plumas finas. Deixamos que se abrande e engadimos unha cullerada de azucre e un lixeiro choro de prebe de solla. Remexemos e deixamos que siga confeitando.
  5. Preparamos as hamburguesas nunha tixola pintada con aceite. Non as facemos a lume forte, as facemos a lume moderado para que non se nos abrasen e non se nos sequen por dentro. Iremos dando voltas durante un proceso de uns 7/10 minutos.
  6. Partimos os bolos pola metade e poñemos na mesma tixola un par de minutos pola parte da miga.
  7. Para o servizo, na base do pan poñemos unha capa de cebola confeitada, a hamburguesa e un par de láminas de aguacate por riba. Tapamos e servimos cunhas patacas palla. Queda o voso arbitrio o botarlle algún tipo de prebe.
Unha forma diferente de levar o pescado os pratos dos mais cativos da casa, ademais de unha excelente opción para unha barbacoa no xardín, unha merenda ou unha cea.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito